Publicador de contidos

Publicador de contidos

En maio adxudicaranse as obras do tren ao porto exterior da Coruña

En maio adxudicaranse as obras do tren ao porto exterior da Coruña

A Autoridade Portuaria organiza un acto de presentación do proxecto técnico do enlace ferroviario a Punta Lagosteira

Cun investimento superior aos 170 millóns, as obras serán financiadas ao 100 % con fondos New Generación a través do Ministerio de Transporte

G24.gal 18/04/2022 21:30

O enlace ferroviario a punta Lagosteira abrirá unha nova etapa no porto exterior, mellorando a competitividade das empresas e a captación de novos tráficos.

"É unha obra que vai abrir unha nova oportunidade para toda a área metropolitana e para toda Galicia no seu conxunto e gustaríanos que desde o principio participen as empresas na definición desde novo espazo de oportunidade", explica Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.

Con este fin a Autoridade Portuaria organizou un acto para presentar o proxecto técnico que comprende a construción de tres ramais. Son en total 6,7 quilómetros boa parte deles transcorren en túnel.

O primeiro que se executará, o norte, foi licitado por ADIF en febreiro e será adxudicado nas próximas semanas.

Desde a Autoridade Portuaria agardan "que desde este mes de maio quede adxudicado e empezar xa a traballar no verán para que así non máis aló do verán de 2026 teñamos o acceso ferroviario xa operativo".

Os máis de 170 millóns de euros que custará serán financiados polos fondos New Generation a través do Ministerio de Transportes.

O tren facilitará tamén o traslado dos graneis a punta Lagosteira abrindo así novas oportunidades para os peiraos urbanos e a integración dos seus espazos na cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade