O PP coruñés denuncia o envío masivo de máscaras aos concellos da provincia cando a protección xa non é obrigatoria
O PP coruñés denuncia o envío masivo de máscaras aos concellos da provincia cando a protección xa non é obrigatoria
O material sanitario foi distribuído pola Deputación, á que lle piden explicacións sobre a súa procedencia
O Partido Popular da Coruña denuncia o envío masivo de máscaras aos concellos da provincia cando a protección xa non é obrigatoria. O material sanitario foi distribuído pola Deputación, á que lle piden explicacións sobre a súa procedencia. Dáse a circunstancia de que as máscaras caducan nun mes. Os populares acusan o presidente provincial Valentín Gónzalez Formoso, de mala xestión.
"Que decida dirixir o seu partido ou que dunha vez por todas se poña a dirixir esta institución, que ten unha ausencia absoluta de xestión. Aquí están as máscaras coa súa data de caducidade, un envío masivo agora que xa non son tan necesarias, que nos expliquen a que se debe isto e onde estaban cando eran necesarias", dixo o viceportavoz do Partido Popular na Deputación da Coruña, Evaristo Ben, as portas do pleno ordinario da institución.