Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cinco concelleiros da Marea Atlántica na Coruña non estarán nas municipais de 2023

Os cinco concelleiros da Marea Atlántica na Coruña non estarán nas municipais de 2023

Segundo o código ético da formación, ninguén pode exercer a representación política durante máis de dous mandatos

G24.gal 24/04/2022 19:09

Os cinco concelleiros da Marea Atlántica na Coruña non se presentarán ás próximas eleccións municipais. A formación confirmou que ningún dos edís integrará a lista que se definirá nos próximos meses de cara a cita electoral de 2023, aínda que si completarán o actual ciclo político.

O código ético da Marea Atlántica establece que os seus representates nas institucións non poden exercer o cargo durante máis de dous mandatos. Segundo esta premisa, só estaría en disposición de continuar, aínda que non o fará, Iago Martínez, xefe de gabinete do alcalde Xulio Ferreiro na anterior lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade