Cargando resultados...
Irene Blanco apunta ao Campionato do Mundo en Grecia da próxima semana
A súa meta é mellorar o bronce logrado na anterior participación no Campionato de Europa
G24.gal
26/04/2022 17:05
Ir a un campionato de España e colgar tres ouros está ao alcance de moi poucos. Para Irene Blanco, afeita a subir ao podio, é case unha rutina máis.
Agora, a que foi campiona do mundo sub-17 e bronce no último europeo júnior, sitúa o listón aínda máis alto. A vindeira semana buscará unha medalla en competencia coas mellores do mundo.
Este é o seu último ano na categoría júnior. O que vén dará o salto á absoluta. Teimuda e competitiva, ten unha meta entre cella e cella: acadar a mínima olímpica para os Xogos de París do 2024.