Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan na Coruña dez días de risas no Encontro Mundial do Humorismo

Comezan na Coruña dez días de risas no Encontro Mundial do Humorismo

A exposición dos Quixotes de Mingote no CGAI inaugura o Encontro Mundial do Humorismo

Os cómicos de Pantomina Full, Rober Bodegas e Alberto Casado, abriron as actuacións en directo no Teatro Colón 

G24.gal 29/04/2022 21:57

As caricaturas de Antonio Mingote sobre os episodios máis e menos coñecidos do Quixote foron o marco de apertura do Encontro Mundial do Humorismo que baixo a codirección de Luis Piedrahíta volve á Coruña. 

Serán 10 días de risas con espectáculos creados para a ocasión como o deste sábado no Pazo da Ópera con Xosé Antonio Touriñán. Alí estarán tamén Eva Hache, Leo Harlem, Ana Morgade. E o domingo: espectáculo sorpresa.

"Vendéronse todas as entradas sen saber quen ía actuar, e iso é algo que nos encanta. E decidimos que a recadación dese día se vai doar á Asociación Familias pola Paz que nestes momentos está a traballar nos campos de refuxiados de Ucraína", explica Nacho López, codirector do Encontro Mundial de Humorismo.

Carolina Iglesias e Victoria Martín, David Amor ou Cristina Castaño, que recibirá un premio ao humor xunto con Buenafuente, serán outras das caras cómicas que pasarán pola Coruña. Porque despois de dous anos de pandemia, tal e como nos conta Nacho López, "está claro que a xente tiña ganas e necesidade de rir e estamos convencidos que vai haber risas para todos os gustos e para todo tipo de públicos".

Levan vendidas case 18.000 entradas. A maior parte dos espectáculos xa teñen as entradas esgotadas nos catro recintos en que se reparte este festival do humor desde este venres ata o vindeiro día 8 de maio. Os cómicos de Pantomina Full, Rober Bodegas e Alberto Casado, abriron as actuacións en directo do Teatro Colón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar