Cargando resultados...
Máis de 400 deportistas compiten na Liga Galega de Salvamento de Augas Abertas
As probas desenvólvense na praia de Gandarío
G24.gal
30/04/2022 14:46
Máis de catrocentos socorristas compiten na segunda xornada da Liga Galega de Salvamento de Augas Abertas, que se desenvolve en Bergondo. Nas probas matutinas participaron as categorías xuvenil, júnior, absoluta e máster, que comezaron a competición coa carreira de esprinte.
Estreáronse na auga coa carreira de esquí, antes de nadar unha distancia de trescentos metros nas frías augas da praia de Gandarío.
O salvamento deportivo é unha disciplina minoritaria e bastante descoñecida que pouco a pouco vai gañando forza en Galicia, onde xa hai unhas novecentas licenzas deportivas.