Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen tres persoas na Coruña acusadas dun delito de tráfico de drogas

Deteñen tres persoas na Coruña acusadas dun delito de tráfico de drogas

Na operación policial, os axentes interviñeron diversas cantidades de heroína, cocaína e haxix, ademais dunha pistola, un puño americano e diñeiro en efectivo

Derruban dúas narcochabolas nunha semana no barrio coruñés do Castrillón

G24.gal 29/04/2022 12:56

Na zona coruñesa do Castrillón, a Policía Nacional detivo nas últimas horas tres homes como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas.

Os arrestados integraban presuntamente un grupo criminal dedicado á venda de estupefacientes nese barrio coruñés. A investigación comezou grazas á colaboración das asociacións veciñais, que alertaron da presenza de numerosos consumidores de droga na zona.

Na operación policial, os axentes interviñeron diversas cantidades de heroína, cocaína e haxix, ademais dunha pistola, un puño americano e diñeiro en efectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade