Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uns pais coruñeses logran que a xustiza recoñeza a neglixencia médica que causou o falecemento da súa filla

Uns pais coruñeses logran que a xustiza recoñeza a neglixencia médica que causou o falecemento da súa filla

A sentenza recolle tamén que a morte da pequena, de catro anos, puido evitarse

G24.gal 26/04/2022 15:11

Despois de doce anos loitando nos tribunais, a xustiza acaba de darlles a razón a uns pais coruñeses que perderon a súa filla de catro anos tras unha operación de amígdalas e vexetacións nun hospital privado da cidade. Eles sempre tiveron claro que fora por mor dunha neglixencia médica. Agora, a sentenza, xa firme, conclúe amais que a morte da pequena Eva puido evitarse.

Todo comezou o 29 de abril, cando Eva entrou no quirófano do hospital e tras unha dura noite en que os niveis de sodio baixaron, chegaron as complicacións e a pequena faleceu ao día seguinte.

Desde o comezo da súa loita xudicial pedían o despedimento dos dous pediatras que atenderon a súa pequena. E agora conseguírono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade