Cargando resultados...
Unha rúa coruñesa leva seis meses cortada ao tráfico por mor dun derrubamento
Veciños e comerciantes esixen unha solución urxente
Queren evitar unha posible desgraza e recuperar a actividade nos seus negocios
G24.gal
25/04/2022 13:56
Seis meses cortada ao tráfico rodado. Así leva a rúa de Santa Lucía, na Coruña, desde que o 24 de outubro do ano pasado caeu parte da fachada dun inmoble.
Unha situación que amola os veciños, pero que tamén está a prexudicar os máis dunha ducia de negocios que están na contorna.
Tres meses despois daquel desprendemento, o Concello declarou o edificio en ruínas.
Agora, como medida de presión, pensan xa en cortar o tráfico cada quince días na rúa Castiñeiras para dar visibilidade así ao problema que sofren desde hai seis meses.