Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo inmóbil por un dano cerebral leva máis de 6 meses agardando unha operación de cadeira

Un mozo inmóbil por un dano cerebral leva máis de 6 meses agardando unha operación de cadeira

A covid frustrou a primeira data de operación o 6 de setembro

Tras interpoñer varias reclamacións non volveron citalo para operar

A rotura causalle moita dor,  impide os cambios posturais e dificulta o aseo

Marta González Salve 20/04/2022 13:57

Dani é un veciño do concello coruñés de Aranga que hai 12 anos, o día en que se estreaba como condutor e de camiño ao traballo, foi vítima dun brutal accidente de tráfico. Pasou dous anos nun hospital e quedou inmóbil nunha cama para o resto da súa vida.

Movelo non é tarefa doada, e menos desde que hai un ano sufriu unha fractura de cadeira cuxa operación houbo que aprazar por culpa da covid.

"Temos aquí os da televisión. Sabes para que? Para que te operen e che saquen esa dor"

Son as palabras de esperaza que María Teresa lle dá ao seu fillo Daniel, inmóbil desde hai 12 anos nunha cama tras sufrir un accidente de tráfico que lle causou un dano cerebral. 

Tras dous anos no hospital a súa familia encárgase na súa casa de Pereira, no concello de Aranga, dos seus coidados. Hai un ano, unha rotura de cadeira empeorou a súa xa de por si delicada situación. Tras denegarlle inicialmente a operación, conseguiron que o metesen en lista de espera.

Desde entón María xa presentou varias reclamacións para que se reprograme a operación de Dani, pero só conseguiu ser derivada a outros centros hospitalarios.

Necesitan que Dani sexa operado para poder facerlle os cambios posturais ou asealo sen que sufra dor.

Fontes hospitalarias confirmaron que están a valorar a actuación clínica de Dani para poder operalo á maior brevidade posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade