Publicador de contidos

Publicador de contidos

Competición non lle dá a razón ao Deportivo no caso da presunta aliñación indebida do Bilbao Athletic

Competición non lle dá a razón ao Deportivo no caso da presunta aliñación indebida do Bilbao Athletic

O Deportivo vai recorrer ante o Comité de Apelación

Foto @RCDeportivo Foto @RCDeportivo
G24.gal 28/04/2022 16:37

O Comité de Competición da Federación Española de Fútbol desestimou a reclamación do Deportivo pola presunta aliñación indebida do Bilbao Athletic no partido que ambos os equipos disputaron hai tres xornadas en Lezama.

O órgano federativo entende que tanto Artola como Diarra cumpriron no encontro non celebrado co Estremadura a súa sanción por acumulación de tarxetas amarelas. A decisión, que o club coruñés pode agora recorrer ante o Comité de Apelación, supón un perigoso precedente, xa que ata o de agora ningún equipo optara por esta manobra para limpar de amoestacións aos futbolistas que estivesen próximos a ser castigados por esgotar ciclo de cartolinas.

Ademais, se o recurso non prospera, quedará confirmado o ascenso directo do Racing de Santander e o Dépor verá máis comprometida a súa segunda praza na clasificación de Primeira RFEF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade