Cargando resultados...
Derruban dúas narcochabolas nunha semana no barrio coruñés do Castrillón
Confían en que axiña non quede ningún punto de venda e consumo de droga
G24.gal
29/04/2022 14:41
Este venres derrubaron a segunda de varias chabolas do barrio coruñés do Castrillón que os veciños cualifican de conflitivas porque, segundo contan, nelas véndense e consómense drogas a calquera hora do día.
Denuncian amais que medrou a inseguridade nos últimos tempos. Unha situación que provocou unha maior vixilancia policial no barrio.
Precisamente, a Policía Nacional prendeu no barrio tres persoas que formaban un grupo criminal dedicado á venda de substancias estupefacientes. Na operación, os axentes interviñeron cocaína, heroína e haxix, ademais dunha pistola, munición e un puño americano.