Cargando resultados...
Falece un motorista de 40 anos nun accidente de tráfico na Coruña
O morto era veciño de Arteixo
O sinistro sucedeu pasadas as 22:30 horas do sábado

G24.gal
24/04/2022 09:23
Novo accidente mortal nas estradas da Coruña. O 112 Galicia alertaba pasadas as 22:30 horas dun accidente na estrada de Baños de Arteixo, á altura do centro comercial Marineda City.
Un home de 40 anos e veciño de Arteixo falecía tras unha saída da vía coa moto que pilotaba. A investigación sobre o sinistro céntrase en saber se houbo máis vehículos implicados ou foi só a motocicleta a que perdeu o control e foi bater contra un sinal de tráfico cando circulaba en dirección saída da cidade.
O equipo de atestados da Garda Civil recolleu probas no lugar das circunstancias do accidente.