Contido con Xeográficas .
España

Segue a busca de dúas persoas arrastradas polo río Foix en Cubelles (Barcelona)
13/07/2025 08:50
Tentaban cruzar o leito nun momento de grande enchente pola apertura das comportas da presa do mesmo nome

Feijóo di que o PP pactaría con Vox de non lograren maioría absoluta nas eleccións xerais
13/07/2025 08:22
Nunha entrevista no diario El Mundo, asegura que quere impulsar un Goberno do PP en solitario, cun cordón sanitario ao "partido da ETA"
Considera que o acordo sobre o financiamento singular para Cataluña é unha situación "absolutamente ilegal"

Buscan dúas persoas arrastradas polo río Foix á altura de Cubelles (Barcelona)
12/07/2025 21:59
O Foix rexistrou un considerable aumento de caudal pola apertura das comportas para desaugar o encoro do mesmo nome
Cataluña recupera o servizo ferroviario mentres se desactivan alertas en Aragón tras o paso da DINA

Cataluña recupera o servizo ferroviario mentres se desactivan alertas en Aragón
12/07/2025 21:06
Comezan a circular de novo os trens de longo percorrido en Cataluña
As chuvias, agora centradas en Teruel e os Pireneos, remiten en Aragón

ERC pide concretar o modelo de financiamento e presiona con levalo ao Congreso
12/07/2025 15:24
O vindeiro luns terá lugar a reunión bilateral entre o Goberno e a Generalitat
A ministra de Facenda, María Jesús Montero, asegura que "nunca haberá privilexios duns territorios contra outros"

Tellado ataca a Sánchez polos pactos con Bildu na homenaxe a Miguel Ángel Blanco
12/07/2025 14:45
O secretario xeral do PP asegurou en Ermua que o Goberno de Sánchez está "acabado e finiquitado"
O PPdeG tamén homenaxeou o edil asasinado no cemiterio da Merca, onde descansan os seus restos

Aragón mantén activado o aviso vermello pola DINA que afecta dez comunidades
12/07/2025 14:17
Os servizos de Emerxencia tiveron que evacuar a case catrocentos menores en Burgos

Detido o alcalde de Arbeca (Lleida) acusado de agredir a súa exparella
12/07/2025 12:10
O rexedor, que tamén trabou un mosso d'Esquadra, está acusado de violencia no ámbito familiar e de atentado á autoridade

Aragón activa o nivel 2 de emerxencia ante o aviso vermello por fortes choivas
12/07/2025 08:29
Agárdanse acumulacións de ata 100 litros por metros cadrado nunha hora en Tarazona, o Moncayo e a Ribeira do Ebro
A Unidade Militar de Emerxencias (UME) desprégase en Aragón tras o aviso vermello da AEMET na ribeira do Ebro

Aragón activa a emerxencia por chuvias e treboadas
11/07/2025 21:28
Avisos por choivas e treboadas en 25 provincias este sábado, oito delas en nivel laranxa

Morre Toni Cruz, cantante de La Trinca e produtor televisivo
11/07/2025 19:23
O artista catalán tiña 78 anos e foi un dos fundadores da produtora Gestmusic
Impulsou programas como 'Crónicas marcianas' e 'Operación triunfo'

O xurado declara culpables os dous acusados de matar o autor do crime da Villa Olímpica
11/07/2025 17:55
A Fiscalía pediu 25 anos de prisión para un dos dous sicarios e 31 para o suxeito que presuntamente actuou como ligazón e que foi quen facilitaría a arma

Caen 64 detidos e 7 toneladas de haxix na maior rede de transporte de droga da península
11/07/2025 16:15
A organización botaba narcolanchas rápidas ao mar desde a desembocadura do Texo
A operación deixou case 100 rexistros en España e Portugal

A xustiza italiana e a española confirman a custodia do fillo menor de Juana Rivas ao pai
11/07/2025 16:12
O neno vive en Maracena (Granada) desde que viaxou de visita a España no Nadal
A defensa de Rivas solicitara anular esa custodia para garantir a tutela efectiva do menor ata que se resolva un novo proceso penal contra o pai, que se enfrontará a un xuízo en setembro acusado de malos tratos habituais aos seus fillos

Feijóo insiste en dicir que Sánchez se beneficiou da prostitución
11/07/2025 14:51
O líder do PP reafírmase nas acusacións que lanzou no Congreso este mércores
O PSOE considera que Feijóo se "somerxeu nas cloacas"

Comunidades autónomas do PP e do PSOE rexeitan o acordo sobre o financiamento singular de Cataluña
11/07/2025 14:40
Din que rompe a igualdade entre terrritorios
O luns, a comisión bilateral Estado-Generalitat ultimará a cesión da recadación de impostos a Cataluña

A Fiscalía oponse a excarcerar a Cerdán e insiste no risco de destrución de probas
11/07/2025 13:05
O fiscal presentou un escrito de oposición ao recurso presentado polo exsecretario de Organización socialista

O PSOE cae 7,3 puntos no CIS tras o caso Cerdán pero segue por diante do PP
11/07/2025 12:41
De celebrarse agora eleccións xerais, os socialistas conseguirían o 27 % dos votos, fronte ao 26,5 % do PP
Vox é quen máis sobe e consolídase como terceira forza política
A preocupación pola corrupción dispárase e sitúase como o segundo problema despois da vivenda
A Fiscalía oponse a excarcerar a Cerdán e insiste no risco de destrución de probas

Alvise recoñece que recibiu 100.000 euros pero nega que foran para a súa campaña
11/07/2025 12:07
O eurodeputado de Se Acabó La Fiesta recoñeceu no Tribunal Supremo que cobrou esa cantidade por unha charla duns 30 minutos sobre liberdade financeira que impartiu en Madrid
O alto tribunal abriu causa penal contra el por financiamento ilegal de partidos, estafa, apropiación indebida, branqueo de capitais e falsidade documental

Desartellan en Tarragona o maior laboratorio de droga sintética de España
11/07/2025 11:51
Os detidos instaláronse en Amposta, nunha zona illada dun polígono industrial, coas naves lindeiras baleiras ou abandonadas
A pleno rendemento, o laboratorio podía producir uns cen quilos de MDMA á semana
Lograron identificar os membros tras unha compra de caixoneiras para transportar a droga

Pedraz procesa como xefe de ETA a Josu Tenera, o encargado de anunciar a disolución da banda
11/07/2025 10:15
O histórico dirixente etarra vive no País Vasco francés en réxime de liberdade baixo control xudicial e España tamén o reclama para xulgalo desde a súa captura, pero a súa extradición está pendente doutro xuízo en Francia

O Goberno promételle á OTAN que España terá 14.000 militares máis en dez anos
11/07/2025 08:06
O compromiso de aumentar os efectivos do exército figura no Obxectivo de Capacidades que a OTAN asignou a España para a próxima década e que foi aprobado no pasado cumio da Alianza Atlántica

10/07/2025 19:45
A compañía cuestiona a base legal do organismo que investiga o cero enerxético de abril
O comité foi creado polo Consello de Seguridade Nacional sen declarar situación de interese para a Seguridade Nacional

Falece un auxiliar forestal durante os traballos de extinción do incendio de Tarragona
10/07/2025 18:39
O operario caeu por un desnivel mentres consolidaba o perímetro
A Generalitat abriu unha investigación para esclarecer as causas

10/07/2025 14:37
A UCO di que recibiu máis diñeiro do Congreso do que consta nas súas contas e doou ao PSOE máis do que reflicten estas
Facenda cifra en 751.421 a cantidade transferida polo Congreso, cando nas súas contas ascende a 79.841 euros
Reclama a vida laboral de Cerdán, Koldo e os empresarios
O PSOE asegura que colaborará coa xustiza, e que todas as achegas están declaradas e fiscalizadas

As señoras á fresca ou o mosquito que pica á noitiña protagonizan o spot do Sorteo de Nadal
10/07/2025 13:10
A axencia Proximity Madrid, autora da campaña, apostou este ano polo humor para abrir a venda de décimos
As vendas da campaña de verán adoitan supoñer o 10 % do total do sorteo

Deteñen a nai do neno ferido nun incendio en Zaragoza e a súa parella
10/07/2025 11:38
Ambos están acusados dun delito de abandono de familia
O neno foi trasladado ao Hospital Infantil de Zaragoza e quedou ingresado en estado grave

Sánchez anuncia a creación dunha oficina para reconstruír Ucraína e un foro empresarial
10/07/2025 11:29
Von der Leyen anuncia un fondo de 220 millóns para atraer capital privado á reconstrución do país

Goberno e PSOE vense gañadores do debate sobre corrupción e celebran o apoio dos socios
10/07/2025 09:09
Junts avisa de que hai prórroga se o Goberno cumpre con Cataluña: "Se non, a eleccións"
Sumar mete présa ao PSOE para implantar xa as medidas anticorrupción, e o Goberno di que se aprobarán canto antes
O BNG cre que a Sánchez faltoulle "autocrítica" e pide acelerar os compromisos pendentes
O PP cre que os socios do Goberno están subindo o prezo do seu apoio

Camps anuncia que quere volver liderar o PP da Comunidade Valenciana
09/07/2025 21:55
O expresidente da Generalitat pide lealdade aos actuais dirixentes e proclama que nunca deixou de ser fiel ao partido
Critica a súa ausencia no último congreso extraordinario e reivindica o seu papel histórico na formación

09/07/2025 20:37
Entre os asinantes están os galegos Luís Tosar e Oliver Laxe, así como outros actores, xornalistas ou músicos

O Supremo equipara homes e mulleres na redución da brecha de xénero
09/07/2025 18:24
Establece que os requisitos para este complemento deben satisfacer os homes e as mulleres nas mesmas condicións
Analiza un caso no que se lle denega o complemento a un home que non cumpría os requisitos do seu xénero

Carlo Ancelotti, condenado a 1 ano de prisión por fraude
09/07/2025 16:14
Foi condenado por un delito no exercicio fiscal do ano 2014, pero absolto doutro no ano 2015
Ademais debera aboar unha multa de 386.361,93€

Sánchez reitera que España non debe gastar o 5 % en defensa e Feijóo di que é un farsante
09/07/2025 15:30
Di que non fará que España estea máis protexida senón que obrigaría a malgastar máis diñeiro dos contribuíntes, a subir impostos e a recortes nos servizos
Feijóo di que Pedro Sánchez fixo o seu maior ridículo internacional desde hai anos
Sumar esixe a Sánchez firmeza para manter o rexeitamento a subir o gasto militar

09/07/2025 12:40
O líder do PP dille ao presidente do Goberno que confese todo o que sabe e devolva o botín
Sumar pide medidas transformadoras da sociedade, mentres que ERC di que se a corrupción escala forzará eleccións
Rueda pide eleccións e advírtelle á oposición: "Forman parte da orquestra do Titanic e afundiranse"
BNG: "Queremos contundencia contra a corrupción e que cumpran con Galiza"

Estabilizan o incendio de Tarragona e levantan o confinamento domiciliario
09/07/2025 09:02
Os Bombeiros da Generalitat dan por estabilizado o incendio
Este martes resultaron feridas leves catro persoas e un bombeiro sufriu un golpe de calor
Afectou a 3.321 hectáreas, case un terzo delas no parque natural de Els Ports

09/07/2025 08:08
"Veño render contas e asumir responsabilidades", di o presidente do Goberno, quen defende ser un político limpo e liderar un partido exemplar

Rufián (ERC): "Cuestión de confianza para que? Se isto escala, a xente ten que decidir"
08/07/2025 20:17
Agarda que a comparecencia de Sánchez "non decepcione", e di que é "mentira" que alguén do PSOE falase con Esquerra sobre a comparecencia de Sánchez deste mércores

08/07/2025 19:43
O seu obxectivo, segundo o Goberno e os seus socios, non é restrinxir o labor dos profesionais da información, senón actuar contra "activistas de ultradereita" que asisten a conferencias de prensa

O Goberno comezará a tramitar a xubilación reversible voluntaria
08/07/2025 19:02
A modalidade é un caso que compaxina xubilación con reincorporación ao mundo laboral
Supón unha subida na pensión ou o pago dunha contía única segundo o tempo traballado