Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE cae 7,3 puntos no CIS tras o caso Cerdán pero segue por diante do PP

O PSOE cae 7,3 puntos no CIS tras o caso Cerdán pero segue por diante do PP

De celebrarse agora eleccións xerais, os socialistas conseguirían o 27 % dos votos, fronte ao 26,5 % do PP

 Vox é quen máis sobe e consolídase como terceira forza política

A preocupación pola corrupción dispárase e sitúase como o segundo problema despois da vivenda

A Fiscalía oponse a excarcerar a Cerdán e insiste no risco de destrución de probas

G24.gal 11/07/2025 12:41

O PSOE sofre un severo castigo tras o caso Cerdán e perde 7,3 puntos en estimación de voto no último barómetro do CIS, pero aínda segue gañando ao PP por medio punto, xa que os populares non rendibilizan o escándalo e, de feito, baixarían 0,8 puntos.

Ante unhas hipotéticas eleccións xerais, os socialistas conseguirían o 27 % dos votos, fronte ao 26,5 % do PP, un 18,9 % de Vox, e un 7,8 % de Sumar, que tamén sobe 0,8 puntos respecto á enquisa de xuño. 

É Vox quen experimenta o maior ascenso de todas as forzas políticas, ao consolidar a súa terceira praza e obter 5,7 puntos máis nun mes, segundo a mostraxe, elaborada a partir de 4.018 entrevistas telefónicas realizadas entre o 1 e o 7 de xullo, en plena crise política polo ingreso en prisión do exsecretario de Organización do PSOE Santos Cerdán.

Podemos gaña 0,2 puntos, ata o 4,4 % dos sufraxios. ERC tamén sobe, con 0,7 puntos máis, ata situarse no 2,1 % dos votos, en tanto que o partido de Alvise Se Acabó La Fiesta tamén aumenta dúas décimas en intención de voto e obtén un 1,7 %.

Junts descende unha décima, co 1 % do voto estimado, EH Bildu deixa tres e obtén o 0,9 %, por diante do PNV, que a pesar de elevar dúas décimas o seu apoio se sitúa no 0,8 %.

Por baixo desas porcentaxes quedan o BNG (0,7 %), CC (0,3 %) e UPN (0,1%).

A preocupación pola corrupción dispárase tras o caso Cerdán

En canto ás preocupacións cidadás, a corrupción e a fraude ascenden como segundo problema para os enquisados, achegándose á vivenda, que se mantén na cabeza como a maior inquietude dos españois.

O 30 % cita a vivenda e o 25,3 %, a corrupción, que escala 13,6 puntos en tan só un mes, seguida pola inmigración (18,4 %) e polo Goberno e os partidos políticos, que menciona o 17,8 % dos entrevistados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade