Novas
Contido con Xeográficas .
A Coruña

Veciños do Couto, en Oleiros, demandan maior seguridade viaria
29/03/2022 14:24
Solicitan reducir a velocidade do tramo de 70 km/h a 50km/h
Levan anos reclamando pasos de peóns para cruzar nas paradas dos autobuses como para o acceso ao cemiterio

Falece un dos feridos no accidente laboral na refinería de Repsol da Coruña
29/03/2022 12:57
A compañía, en nome dos seus traballadores, transmite o seu pesar aos familiares do falecido e á empresa en que traballaba
En sinal de duelo suspéndense os traballos de parada e de mantemento programados durante este martes

Luis Rubiales: "Tiñamos moitas ganas de vir a Galicia"
28/03/2022 22:16
O presidente da Federación Española de Fútbol amosou a súa ledicia pola disputa esta noite en Riazor do amigable entre España e Islandia
Destacou a boa acollida da afección galega ao combinado que dirixe Luis Enrique
A fase de ascenso a segunda división será a seguinte cita federativa na nosa comunidade

O exministro de Cultura, César Antonio Molina, ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes
28/03/2022 22:15

A Xunta pide canalizar a axuda aos ucraínos a través de entidades profesionais
28/03/2022 18:17
Feijóo solicita ás familias acolledoras que informen a Xunta ou a oenegué Accem

Hostaleiros e comerciantes de Vimianzo protestan pola situación económica
28/03/2022 14:26
Pechan os seus negocios polo encarecemento da vida en xeral
Din que non queren subvencións, só solucións

Piden colaboración cidadá para localizar un veciño de Cambre de 39 anos
28/03/2022 14:17
Juan Bautista Iglesias leva desaparecido desde o venres
Publican tamén a imaxe do seu coche, un Seat León vermello, porque podería ser clave na busca
É importante que manteña un tratamento que recibe regularmente cada xoves

O incendio dun camión provoca o corte no tráfico na AP-9 durante unha hora en Abegondo
28/03/2022 11:33
Os servizos de emerxencia conseguiron habilitar un carril logo de que o sinistro provocara importantes retencións na autoestrada en dirección Santiago

Detido un veciño da Coruña que presuntamente intentou matar a seu cuñado cun coitelo
28/03/2022 11:18

Transportistas da Coruña denuncian a contratación de camións portugueses para sortear o paro
28/03/2022 08:47
Unha parte dos membros de ASCENTRA acordou volver ao traballo por medo a perder contratos