Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xulgado anula o nomeamento de Mónica Martínez como concelleira de Deportes da Coruña

O xulgado anula o nomeamento de Mónica Martínez como concelleira de Deportes da Coruña

Afirma que continuará na corporación malia a sentenza que anula o seu nomeamento

G24.gal 14/04/2022 15:40

A concelleira de Deportes da Coruña, Mónica Martínez, afirma que continuará na corporación malia a sentenza que anula o seu nomeamento. Anunciouno cun chío na súa conta de Twitter, afirmando que seguirá traballando polo deporte coruñés "ata o final do mandado". Martínez entrou no goberno municipal meses despois de abandonar o grupo de Ciudadanos, nomeamento que denunciou a Marea Atlántica ao entender que incumpría o pacto antitransfuguismo.

O xulgado deulles a razón. O fallo -coñecido onte- anula o nomeamento da titular de Deportes e solicita a devolución do sobresoldo recibido dende que desempeña este cargo. No grupo de goberno afirman estar estudando se interpoñer recurso contra a sentenza que, para o grupo popular, é a "puntilla final" para un goberno municipal "destrozado". Dende a Marea din que a lei é clara, e esixen que se acate a sentenza de xeito inmediato.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade