Publicador de contidos

Publicador de contidos

Juan Copa: "Non somos favoritos, somos candidatos"

Juan Copa: "Non somos favoritos, somos candidatos"

O Liceo comezou derrotando o Braga na primeira xornada da Golden Cup que se disputa na Coruña (Preme aquí para volver ver o encontro)  

O mércores será outro conxunto portugués, o Barcelos, o seu rival

Os precedentes coma local en torneos curtos respaldan as opcións liceístas de acadar este título continental na súa primeira edición

G24.gal 11/04/2022 22:47

O Liceo inauguraba onte o seu periplo na Golden Cup cun importante triundo ante o Barcelos (5-3) . Con boas sensacións e coas máximas aspiracións como explicaba o seu adestrador Juan Copa:

"Estou moi contento, abrir os campionatos sempre custa moito. Xa nos pasou na Copa do Rei. Non pasamos moitos apuros ante un equipo que xa sabiamos que viñan pecharse. O hóckey portugués é diferente. A transición é deles. Temos que cambiar o chip. O partido do mércores ante o Barcelos non terá nada que ver co de hoxe. Favoritos? É moito dicir, nós somos candidatos. O noso obxectivo é xogar o domingo a final. Hai que ir paso a paso. O Sporting é terrible, o Benfica, o Porto e coidado co Barcelos. Tamén o Noia ou o Oliverense. É un torneo impresionante onde están os mellores do mundo pero queremos estar con eles"

Publicidade
Publicidade
Publicidade