O Guardés gana con sufrimento para manter o liderado e lograr o pleno de vitorias
Gañolle 24-26 o Zonzamas de Lanzarote nun final axustado
O equipo de Prades aparca a liga para centrarse na eliminatoria da Europa League co Boden sueco
As xogadoras de José Ignacio Prades dominaron durante todo o partido e resistiron o empuxe lanzaroteño nunha segunda parte de máxima igualdade para levarse o triunfo. O Atlético Guardés volveu tirar de oficio e experiencia para sumar onte os dous puntos na súa visita a Lanzarote, nun encontro moi físico e cheo de imprecisións.
As de José Ignacio Prades dominaron o marcador durante practicamente todo o partido, aínda que tiveron que resistir o empuxe local durante unha segunda metade moi igualada para manter a súa condición de líderes tras a cuarta xornada. O Guardés sufriu nun epílogo interminable, pelexando cada balón e celebrando cada mínima acción conseguida; aínda que tirou de experiencia para aguantar os golpes e non ceder ante un Zonzamas máis desesperado. O final volveu ser de ton branquivermello, coa última falta lanzada por Madalena Masseu xa intranscendente ante o 24-26 definitivo.
O cadro do Baixo Miño aparca a liga para centrarse na eliminatoria da Europa League co Boden sueco desta fin de semana. O dous partidos da rolda vanse xogar na Guarda.