Morre unha muller nun incendio en Carballo entre os intentos dos veciños por rescatala
A muller falecida, de 63 anos, quedou atrapada nun piso do cuarto andar
Unha muller faleceu este xoves nun incendio declarado nun edificio en Carballo. O lume iniciouse nun inmoble da rúa Río Sil sobre as 13:30 horas, e foi no segundo andar, que tivo que ser desaloxado.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o lume arrasou a cociña e o salón da vivenda onde se atopaba a vítima e os servizos sanitarios desprazados só puideron confirmar o seu falecemento.
Contan os veciños que a muller, de 63 anos, pediu auxilio pola ventá, dixo que estaba pechada. Mandáronlle poñer un pano mollado na boca por mor da intensa fumareda.
Os veciños intentaron romper a porta pero non o conseguiron, tiveron que desaloxar o lugar polo perigo de novas explosións.
Ademais, no cuarto andar, unha muller con mobilidade reducida foi confinada na súa vivenda polo equipo de intervención dos Bombeiros de Carballo, mentres duraron os labores de ventilación do inmoble.
🔴#AXEGAInforma dunha persoa que faleceu ao declararse un incendio no segundo andar dun edificio en #Carballo. O inmoble, situado na Rúa do Río Sil, foi desaloxado. Interveñen: servizos sanitarios, #BombeirosCarballo, #PolicíaLocal e #ProtecciónCivil. pic.twitter.com/70v8wOTO7c
— 112Galicia (@112Galicia) April 14, 2022