A lagoa de Baldaio recupera o equilibrio do seu ecosistema intermareal
Os traballos permiten conxugar a protección natural cos intereses marisqueiros da zona
As lagoas costeiras son ecosistemas moi sensibles, tesouros naturais que é necesario protexer. Pero ademais a lagoa de Baldaio é das únicas en Europa que ten un aproveitamento marisqueiro que quedou alterado pola actuación do mar e do tempo.
O labor dos técnicos permitiu regular o caudal hídrico e garantir a conexión entre a lagoa interior e o mar con independencia das condicións meteorolóxicas. A recuperación deste espazo é froito do traballo da Xunta de Galicia en colaboración coa Universidade.
Os mariscadores xa están notando os efectos tanto na produción coma na facturación. Os traballos de recuperación da lagoa de Baldaio tiveron un investimento superior aos 36.000 euros.