Cargando resultados...
O Celta comeza a pretemporada en Afouteza
Primeira sesión de adestramento para 30 futbolistas
Mingueza segue de permiso despois de disputar a fase final da Liga das Nacións
G24.gal
04/07/2025 21:45
Comezou a traballar oficialmente o Celta, o equipo máis madrugador da Liga esta temporada. Na primeira sesión en Afouteza estaban convocados trinta futbolistas.
A única ausencia significativa é Mingueza, aínda de vacacións tras a Liga das Nacións. Claudio Giráldez conta nesta pretemporada con dúas caras novas. O porteiro romanés Radu e o dianteiro Jutglá. Ademais, asinou en propiedade a Ilaix Moriba.
Na porta de saída están varios futbolistas, como Unai Núñez e Carles Pérez. O Celta afronta unha pretemporada con sete amigables de preparación.