Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Semana Santa galega recuperou a tradición coas procesións e os turistas

A Semana Santa galega recuperou a tradición coas procesións e os turistas

O tempo tamén axudou e, en xeral, procesionaron todos os pasos programados

G24.gal 17/04/2022 19:33

Ferrol é unha das dúas cidades galegas en que a súa Semana Santa está declarada de Interese Turístico Internacional. Tras unha semana en que as procesións tiveron un grandioso poder de convocatoria, o Domingo de Resurrección tamén se celebrou coma antes da pandemia, cos tres desfiles da María Magdalena, o Xesús Resucitado e a María Santísima da Luz, que atravesaron o barrio da Magdalena e se encontraron na praza da Constitución. 

En Viveiro, a outra cidade galega cunha Semana Santa de Interese Turístico Internacional, viviuse unha emoción semellante, tanto entre os organizadores coma entre o público asistente.
Neste domingo de resurrección tivo especial importancia o momento do encontro entre a Nosa Señora do Sagrado Corazón e o Santísimo Sacramento, ante a imaxe dun San Xoán atento a como a Custodia lle retira o veo negro da cara da imaxe.

A emoción tamén reviviu en Fisterra, onde, despois de dous anos, os veciños volveron representar o triunfo da vida sobre a morte, recreouse a anunciación da resurrección de Cristo, na igrexa de Santa María das Areas. Está catalogada como Festa de Interese Turístico Nacional.

O tempo acompañou, e en Ferrol, Viveiro e Fisterra, igual que na maioría das cidades galegas saíron todos os pasos previstos, colmando un esforzo organizativo que devolveu ao lugar que lle corresponde á celebración da Semana Santa en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos