Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan por que non se puido abrir a vivenda na que morreu unha muller nun incendio en Carballo

Investigan por que non se puido abrir a vivenda na que morreu unha muller nun incendio en Carballo

A vítima pediu axuda desde a ventá dicindo que estaba pechada na vivenda

O sinistro tivo lugar este xoves ao mediodía e nel faleceu unha muller de 65 anos
G24.gal 15/04/2022 14:02

A investigación sobre o incendio na rúa Río Sil de Carballo trata de aclarar por que a muller que estaba dentro do piso, Carmen Rey Mato non puido saír polo seu pé pola porta do inmoble cando se desencadeou o lume.

Foi contra a unha e media da tarde. Cando estaban os bombeiros acabando de despregar as mangueiras houbo un estoupido no piso.  

Suponse que foi a explosión dunha bombona de gas. A partir de aí os veciños xa non sentían o pedimento de axuda que nos primeiros momentos do incendio fixera a muller desde a ventá.

Unha veciña afirma que "estaba na ventá. Si. Estaba na ventá cun pano (e sinala como tapando a boca) e berrabámoslle que non quitase o pano humedecido...cando dixo que estaba pechada, cando nos enteramos de que estaba ela pechada".

Ao parecer, a porta da vivenda, un segundo andar,  estaba pechada con chave. Cando desde fóra lograron abrir  xa era tarde para poñer a muller a salvo. As pescudas determinarán por que a vítima non puido escapar do incendio. Estaba no salón, que como a cociña quedou estragada polo lume.

Os bombeiros completaron a extinción e os axentes da xudicial entraron no piso para avanzar nas pescudas. Contra a media tarde retiraban o corpo de Carmen para realizarlle a autopsia. A investigación policial está en marcha para determinar a causa e circunstancias deste sinistro que lle custou a vida a unha muller de 65 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade