Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xustiza rexeita o recurso dos Franco e dálles a razón aos 19 de Meirás

A xustiza rexeita o recurso dos Franco e dálles a razón aos 19 de Meirás

A familia e a Fundación Franco denunciara un grupo de persoas que entraron no pazo de Meirás no verán de 2017 para reivindicar a súa titularidade pública

O xulgado desestima o recurso dos Franco contra o arquivo da causa

Aínda cabe recurso perante a Audiencia Provincial da Coruña

G24.gal 12/04/2022 12:25

O Xulgado de Instrución número 2 de Betanzos desestimou o recurso de casación interposto contra o expediente e o sobresemento da causa aberta contra os coñecidos como os 19 de Meirás, denunciado pola Fundación Francisco Franco e a familia do ditador.

Os 19 de Meirás insisten en que a entrada no pazo de Meirás en agosto de 2017 foi unha "acción simbólica", para esixir a súa devolución ao patrimonio público. Nun comunicado, os seus integrantes destacan a decisión do xulgado "reiterando o sobresemento e arquivo" do recurso presentado polos Franco contra o arquivo da causa.

Lembra o grupo dos 19 de Meirás que contra a mesma aínda cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.  

Sobre a ocupación do Pazo de Meirás, en 2017, reiteran que se tratou "dun acto simbólico" realizado en agosto dese ano "para reclamar o que é de xustiza: que o Pazo ten que ser devolto ao pobo galego", sosteñen sobre a demanda que lles levou a protagonizar este acto.  

"Por moito que os herdeiros da ditadura franquista tenten acalar a voz das e dos demócratas que denunciamos o espolio do franquismo non o van conseguir", afirman tamén en relación a bens da familia Franco obtidos durante esa etapa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade