Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen seis persoas na Coruña por atracos cunha navalla

Deteñen seis persoas na Coruña por atracos cunha navalla

A policía investiga se poderían formar parte dunha grupo que actúa de maneira organizada a través das redes sociais

G24.gal 11/04/2022 13:48

Polo momento son poucos os datos que confirma a policía, xa que aínda se está a tomar declaración ás vítimas e polo tanto o atestado continúa aberto. Hai seis persoas detidas como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación.

Os feitos ocorreron na madrugada deste domingo, na avenida de Navarra. Por alí transitaban tres mozos, que de repente se viron rodeados e ameazados por un grupo de asaltantes. A punta de navalla pedíronlles os seus teléfonos móbiles e tamén cartos en efectivo, e despois fuxiron.

Ata lugar desprazáronse varias patrullas da Policía Nacional, e o dispositivo de busca que montaron deu resultado. En rúas próximas conseguiron deter dous dos asaltantes e despois conseguiron localizar tamén os outros catro.

Segundo as primeiras investigacións, os seis poderían formar parte dun grupo que operaba de maneira coordinada a través das redes sociais para cometer os roubos.

As investigacións postas en marcha tratan de saber se este mesmo grupo podería estar implicado en roubos similares cometidos recentemente na cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade