Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os dous menores implicados no crime de Samuel seguirán internados nun centro

Os dous menores implicados no crime de Samuel seguirán internados nun centro

O acordo das partes, a principios de abril, impediu que os menores saísen en liberdade ao cumprirse o prazo máximo de internamento preventivo

Hai outros tres mozos en prisión provisional e dous máis en liberdade coa obriga de comparecer periodicamente no xulgado á espera de xuízo

G24.gal 12/04/2022 13:23

A Fiscalía confirmou que houbo un acordo de conformidade entre o fiscal e os avogados de dous dos investigados polo crime de Samuel Luiz Muñiz, o 3 de xullo do ano pasado no paseo marítimo da Coruña.

Segundo informou o Xulgado de Menores da Coruña, a principios deste mes xa se condenou estes menores, tras chegar a un acordo as partes antes de chegar ao xuízo, polo que neste momento están cumprindo unha medida de internamento en réxime pechado, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O TSXG non achegou máis información sobre o contido do acordo alcanzado, incluída a familia do falecido, xa que se trataba de dúas persoas menores de idade no momento dos feitos.

Un dos condenados, David Rodríguez Villar, veciño da Coruña, xa cumpriu a maioría de idade o pasado mes de febreiro. 

Desde o alto tribunal galego ratificaron que non se atopan en liberdade, unha posibilidade que existía tras alcanzar o prazo máximo de nove meses de internamento de que puidesen estar nun centro de menores desde a súa detención se non se celebraba nin se chegaba a xuízo ou se chegaba a un acordo, como foi finalmente, e polo que xa hai sentenza.

Amais hai outros tres mozos en prisión provisional e dous máis en liberdade coa obriga de comparecer periodicamente no xulgado á espera de xuízo.

Polo crime de Samuel Luiz foron detidas sete persoas, cinco adultos, entre eles unha muller, e os dous mozos que eran menores de idade no momento dos feitos. Para estes decretouse o seu ingreso nun centro de menores e para tres adultos o seu ingreso en prisión. No caso doutros dous, entre eles a muller, están libres, aínda que investigados, por estes feitos.

Pola morte de Samuel Luiz, tras unha brutal malleira á saída dun local da avenida Bos Aires da Coruña, na madrugada do 3 de xullo, a Fiscalía e as acusacións piden un delito de asasinato para os investigados.

Polo momento, están á espera de que se fixe unha data de xuízo e non se sitúan, previsiblemente, antes do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade