Rescatan o único tripulante dun trimarán francés que envorcou a 40 millas ao norte da Coruña
Foi evacuado polo helicóptero Helimer 401 ata ao aeroporto da Coruña, onde o estaba esperando unha dotación do 061 para trasladalo a un centro hospitalario
O tripulante xa recibiu a alta médica no hospital e foi trasladado ata un hotel

Naufraga un veleiro, de madrugada, a 40 millas, cun único tripulante a bordo. Sobre a unha e media da madrugada o 112 Galicia recibía o aviso a través dos servizos de Salvamento Marítimo, que foron os que se mobilizaron para rescatar ao único tripulante que ía a bordo da embarcación.
Foi evacuado polo helicóptero Helimer 401 ata o aeroporto da Coruña, onde o estaba esperando unha dotación do 061 para trasladalo a un centro hospitalario e sometelo alí a unha revisión médica.
Non se coñecen aínda as causa de porque o trimarán puido envorcar cando navegaba a unhas corenta millas ao norte da Coruña. O que si se sabe é que o tripulante xa recibiu a alta médica no hospital e foi trasladado a un hotel.