Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan o home que asaltou unha muller no garaxe dun edificio da Coruña

Buscan o home que asaltou unha muller no garaxe dun edificio da Coruña

Atacouna polas costas, tirouna ao chan e atoulle as mans cunhas bridas

O agresor conseguiu fuxir co bolso da vítima sen que esta lle vise o rostro

G24.gal 09/04/2022 21:12

A policía busca o home que atacou unha muller no garaxe dun edificio da Coruña. Asaltouna polas costas, tirouna ao chan e forcexou con ela ata que conseguiu atarlle as mans cunhas bridas. Tamén intentou inmobilizarlle as pernas.

Por sorte, un veciño entrou no garaxe e a muller conseguiu berrar para pedir axuda. O agresor, que ía armado cun coitelo, saíu correndo. Fuxiu co bolso da vítima sen que nin ela nin a testemuña conseguisen verlle o rostro.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade