Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía busca un home que asaltou unha muller nun garaxe da Coruña

A policía busca un home que asaltou unha muller nun garaxe da Coruña

O pai da vítima di que o delincuente levaba un coitelo de monte e atoulle as mans ás costas cunha brida de plástico

O pai da vítima di que non se explican o porqué de querer atarlle as mans
G24.gal 11/04/2022 13:22

"Tiña un coitelo de folla ancha duns 20 centímetros de longo. O coitelo quedou debaixo dela. Ela viu o coitelo e cando a estaba atando, dáballe co cóbado e conseguiu que quedara debaixo do coche e el non se deu conta ou non tivo tempo porque entrou un coche e marchou". Así conta o pai da vítima como foi o asalto que sufriu a súa filla cando aparcaba no seu garaxe da rúa Tornos na Coruña.

Tirouna contra o chan entre dous coches. Apagouse a luz do garaxe. Púxose cos xeonllos enriba dela e mantiveron un forcexo ata que conseguiu pórlle unhas bridas nos pulsos as costas. "Non sabemos a idea del de atarlle as mans, porque ela dáballe o bolso, dicíalle que todo o tiña no bolso e que o levara. Non sabemos se era para roubarlle o coche, se era para metela a ela dentro do coche. A cabeza traballa, pero realmente non sabemos", explica.

A muller está chea de potes e recupérase na súa casa. O asaltante tapáballe a boca en todo momento e mesmo a ameazou de morte. Por sorte entrou un coche. E o delincuente fuxiu co bolso no que levaba 60 euros.

A policía está a investigar este estraño suceso con poucas pistas. En ningún momento deixou que lle vise a cara, polo que non se sabe a súa aparencia física nin como ía vestido

Algunhas testemuñas que o viron fuxir din que levaba un pucho e a máscara, polo que é difícil recoñecelo, e un xersei de cor verdosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade