Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Orzán coruñés volve ser escenario de incidentes nocturnos

O Orzán coruñés volve ser escenario de incidentes nocturnos

A Policía Local vixiará a zona con videocámaras

G24.gal 13/04/2022 14:30

Un veciño do barrio coruñés do Orzán, gravou as imaxes onde pode verse como continúan a sucederse os incidentes nocturnos. Varios axentes tiveron que desprazarse ata a zona para intervir nunha liorta na que unha persoa resultou ferida.

A partir de agora os axentes levarán cámaras instaladas no peito para reforzar a vixilancia na zona. Acaba de autorizalo a Delegación do Goberno. Só poderán activar a gravación en caso de perigo e en principio a medida estará vixente ata o próximo 30 de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar