Veciños da Sagrada Familia, na Coruña, din sentirse inseguros e reclaman máis vixilancia policial
Veciños deste barrio coruñés e doutros como Os Mallos denuncian os continuos roubos
No barrio da Sagrada Familia, na Coruña, son moitos os que aseguran que a delincuencia e a inseguridade vai en aumento nos últimos tempos. O mesmo que noutros barrios lindeiros como os Mallos ou o Ventorrillo.
Os roubos en vehículos e comercios son moi habituais pero agora os veciños denuncian que a violencia cada día e maior como no caso da muller que foi asaltada e atada con bridas a semana pasada nun garaxe desta Rúa Tornos.
Son moitos os testemuños sobre a inseguridade que din sufrir veciños do barrio. Para moitos o barrio esta a empeorar e a violencia vai en aumento e cada un ten a súa explicación. Esixen máis vixilancia policial na zona ante este aumento da delincuencia