Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenados por asasinato os dous menores implicados na morte de Samuel Luiz

Condenados por asasinato os dous menores implicados na morte de Samuel Luiz

A sentenza recolle tamén o cargo polas lesións aos senegaleses que auxiliaron a Samuel

G24.gal 13/04/2022 13:55

Os dous menores detidos días despois do crime de Samuel Luiz aceptaron como pena a privación de liberdade durante tres anos e medio. É o acordo de conformidade ao que chegaron as partes implicadas, a comezos deste mes de abril, ao cumprirse o prazo máximo de nove meses de ingreso nun centro de menores e que, de non ser así, poderían quedar en liberdade ata que se celebrase o xuízo.

Ao tratarse de menores, non transcendeu cal foi o seu grao de participación na brutal malleira do 3 de xullo do ano pasado que acabou coa vida de Samuel nin en que momento se sumaron á agresión. Porén, polo sumario do caso, si puido saberse que foron recoñecidos como coautores por algunhas testemuñas. Hai quen os sitúa no lugar dos feitos, no paseo marítimo coruñés, e ata recoñecen que participaron na malleira mortal.

Tamén hai testemuñas que os localizan no parque de San Diego, onde horas despois da agresión, varios dos procesados se citaron para, supostamente, falar do acontecido.

No sumario tamén se recolle que Kaio, un dos tres investigados que permanece en prisión provisional, soubo por David Rodríguez, un dos recentemente condenados e xa maior de idade, da morte de Samuel.

Amais destes dous mozos, que recoñeceron os feitos, hai outros cinco acusados, dous deles en liberdade con cargos, que seguen á espera de xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade