Contido con Xeográficas .
Mundo

Srebrenica, onde o duelo e a dor se herdan: "Isto non pode nin debe esquecerse"
11/07/2025 18:16
Cúmprense 30 anos do xenocidio: Máis de 8.000 homes e nenos bosniomusulmáns foron executados polas forzas serbobosnias

O Parlamento grego aproba expulsar inmigrantes de África sen opción de asilo
11/07/2025 17:40
A medida, vixente durante tres meses, responde ao aumento das chegadas a Creta
A oposición denuncia que viola o dereito internacional e os dereitos humanos

Unha vila do norte de Italia recruta xubilados para vixiar as obras públicas
11/07/2025 14:49
En Villasanta, na Lombardía, fichan xubilados con formación na construción para vixiar obras e alertar de danos que precisen reparación

A guerrilla kurda PKK inicia o seu desarmamento no norte de Iraq
11/07/2025 11:50
A guerrilla cualifica a acción como un paso de boa vontade e determinación para o éxito práctico do proceso de paz

Trump anuncia un arancel do 35 % ás importacións do Canadá a partir de agosto
11/07/2025 09:12
Non sufrirán aranceis as empresas que trasladen a produción a territorio dos EUA
O presidente estadounidense acusa o país veciño de non colaborar para frear a crise do fentanilo
O Canadá responde que seguirá defendendo os intereses dos traballadores e das empresas nacionais

A xustiza arxentina procesa por corrupción ao expresidente Alberto Fernández
11/07/2025 08:07
A Fernández acúsano de presuntos actos de corrupción durante a súa xestión de Goberno relativos á contratación de seguros desde o Estado que beneficiarían o marido da súa secretaria privada

Un xuíz federal bloquea a orde de Trump para eliminar a nacionalidade por nacemento
10/07/2025 18:05
A sentenza detén unha das medidas máis polémicas do novo mandato
O xuíz concede sete días ao Goberno para apelar

O Reino Unido e Francia acordan repatriar os inmigrantes que crucen a canle da Mancha
10/07/2025 17:53
O Reino Unido devolverá a Francia a quen cruce en balsa a canle da Mancha a cambio de recibir no seu territorio demandantes de asilo procedentes de Francia
Starmer e Macron din que a Coalición de Voluntarios, que terá sede rotatoria en París e Londres e base en Kíiv, está lista para apoiar a Ucraína
No 37 Cumio bilateral, acordaron tamén coordinar o uso das súas armas nucleares

Israel acorda coa UE ampliar o acceso humanitario a Gaza
10/07/2025 13:30
O compromiso alcanzado permitirá a apertura de máis pasos fronteirizos e a entrada de máis camións con axuda

Fracasa a moción de censura contra a Comisión Europea de Von der Leyen
10/07/2025 13:13
O resultado foi 175 deputados a favor, fronte ao rexeitamento de 360 e 18 abstencións

Agrávase a crise diplomática entre O Brasil e os EUA ante o xuízo a Bolsonaro
10/07/2025 09:37
Trump defende o líder ultradereitista e asegura que está sendo vítima dunha caza de bruxas
O presidente norteamericano anuncia un arancel adicional do 50 % ás importacións brasileiras e Lula da Silva ameaza con contramedidas

León XIV ofrece O Vaticano como sede para negociar a paz entre Ucraína e Rusia
09/07/2025 15:42
O papa recibiu a Zelenski en Castel Gandolfo e pediu un diálogo duradeiro
O encontro coincide co maior ataque ruso nun só día desde 2022

A policía rexistra a sede do partido de Le Pen por sospeitas de financiamento ilegal
09/07/2025 12:16
A investigación apunta a irregularidades no financiamento das campañas electorais
No partido cualifican a operación como unha manobra de acoso

Von der Leyen: "A UE prepárase para todos os escenarios na negociación cos EUA"
09/07/2025 10:36
"Seremos firmes, pero preferimos unha solución negociada", dixo a presidenta da Comisión Europea na Eurocámara

Rusia lanza o maior ataque de drons e mísiles contra Ucraína desde inicio da guerra
09/07/2025 10:24
O presidente Zelenski pide novas sancións contra o Kremlin que, segundo denuncia, "rexeita" todos os esforzos para a paz

O incendio en Marsella continúa activo, pero baixa en intensidade, e desconfinan os veciños
09/07/2025 09:41
A área queimada ascende a 750 hectáreas
En total, houbo que evacuar unhas 400 persoas, que aínda non puideron regresar ás súas casas
En toda a zona houbo 70 domicilios afectados polas lapas e dez que quedaron totalmente destruídos

Descalzarse nos controis dos aeroportos dos EUA deixa de ser obrigatorio
09/07/2025 08:11
A medida pon así fin a unha norma que foi obrigatoria durante case 20 anos nos aeroportos estadounidenses
A tecnoloxía cambiou de forma drástica, o cal permite modificar esa esixencia en todos os aeroportos do país

Trump impón un arancel do 50 % ao cobre e ameaza cun 200 % as farmacéuticas estranxeiras
08/07/2025 19:34
O presidente dos EUA dá un ano ás empresas farmacéuticas para instalarse no país
O novo imposto súmase aos xa vixentes sobre o aceiro e o aluminio

Pechan o aeroporto de Marsella e confinan o norte da cidade por un incendio
08/07/2025 18:21
As violentas chamas están a verse favorecidas por un forte vento e polas temperaturas superiores aos 30 graos

Un home morre succionado polo motor dun avión no aeroporto de Bérgamo
08/07/2025 13:28
O tráfico aéreo suspendeuse arredor das 10:20 horas para investigar as causas e xa está restaurado desde as 12:00 horas
Os voos foron desviados a outros aeroportos, entre eles Boloña, Verona e Milán Malpensa
Volotea ofrece apoio psicolóxico a pasaxeiros e traballadores do avión afectado

Trump e Netanyahu insisten no desprazamento de palestinos, mentres exploran a tregua en Gaza
08/07/2025 08:29
O primeiro ministro israelí propón o presidente dos Estados Unidos como candidato ao premio Nobel da Paz

Israel planea concentrar a toda a poboación gazatí nunha "cidade humanitaria" en Rafah
07/07/2025 20:11
Di que albergaría inicialmente a uns 600.000 palestinos que malviven na zona costeira de Mawasi, á que foron chegando tras ser desprazados forzosamente polo Exército

Trump asina unha orde que atrasa ao 1 de agosto o prazo arancelario e modifica algunhas taxas
07/07/2025 19:49
O presidente estadounidense impón ao Xapón e a Corea do Sur aranceis do 25 % a partir de agosto
Outros países tamén terán novos gravames que oscilan entre o 40 % de Myanmar e Laos e o 25 % de Tunisia, Kazakhistán e Malaisia debido á falta de avance nas negociacións
Advertiron que os bens que pasen por un terceiro país para evadir aranceis máis elevados quedarán suxeitos á cifra máis alta

Aparece morto o exministro ruso de Transporte destituído por Putin
07/07/2025 16:04
O Comité de Instrución investiga o caso como un posible suicidio
O exgobernador de Kursk estaba ameazado por cargos de corrupción e malversación

Donohoe repite como presidente do Eurogrupo logo da retirada de Cuerpo por falta de apoios
07/07/2025 14:41
"Nun exercicio de responsabilidade, o ministro decidiu dar un paso á beira para favorecer unha elección baseada no consenso", según o Ministerio de Economía
Cuerpo di que non se arrepinte de presentar a súa candidatura, a pesar de retirarse por falta do apoio, xa que lle permitiu constatar que hai respaldo para dar un impulso a este foro
O socialista lituano Sadzius retirou tamén a súa candidatura

A UE di que avanza cara a un acordo sobre aranceis cos Estados Unidos
07/07/2025 12:57
Ursula von der Leyen e Donald Trump tiveron unha chamada telefónica o domingo sobre o asunto
Pretenden chegar a un acordo antes deste mércores 9 de xullo, cando vence o prazo dos EUA para negociar

Unha muller morre por un violento temporal que some no caos o norte de Italia
07/07/2025 09:27
O forte temporal chega tras dez días de extrema calor en practicamente todo o país

O número de falecidos en Texas polas inundacións sobe a 91
07/07/2025 08:55
As autoridades recolleron 75 corpos no condado de Kerr, entre eles 27 nenos
Case medio cento de persoas seguen desaparecidas tras as chuvias torrenciais

Donald Trump volve bater con Elon Musk, a quen chama "tren descarrilado"
07/07/2025 08:16
O presidente dos Estados Unidos avanza o fracaso dun terceiro partido logo de que o oligarca propietario de Tesla anunciase a intención de crear unha formación política para disputar o espazo a republicanos e demócratas

Trump adía ao 1 de agosto o restablecemento dos aranceis se non hai acordo comercial
06/07/2025 16:51
O presidente estadounidense informará cada país de que restablecerá as taxas do 2 de abril se non chegan a un pacto

Israel aproba a entrada temporal de axuda humanitaria ao norte de Gaza
06/07/2025 10:26
Por mor do bloqueo xudeu, os habitantes da Franxa están ao bordo dunha gran fame
O Goberno de Netanyahu ve "inaceptables" os cambios na tregua pedidos por Hamás

Israel ve "inaceptables" os cambios na tregua pedidos por Hamás e di seguir negociando
06/07/2025 08:26
Netanyahu ten previsto visitar a Casa Branca a próxima semana e reunirse alí con Trump, e espérasees que poida anunciarse o cesamento do fogo
A proposta incluiría garantías para que ningunha das partes volva á loita mentres continúen as negociacións

Elévanse a 70 as vítimas mortais das inundacións en Texas, entre elas 21 menores
06/07/2025 07:57
Só no condado de Kerr, un dos máis afectados polos asolagamentos, faleceron 59 persoas
Trump asinou unha declaración de emerxencia por desastre natural para facer fronte á catástrofe

Israel enviará unha delegación a Doha para negociar a proposta de tregua en Gaza
05/07/2025 20:00
Hamas anunciou onte á noite que está preparado para negociar "inmediatamente" a implementación do alto ao fogo

A UE renova conversas “de fondo” cos EUA na recta final das negociacións sobre aranceis
05/07/2025 14:14
Fontes diplomáticas indicaron que esperan que se produza unha prórroga na pausa arancelaria se non hai acordo antes do 9 de xullo

Aumenta a 27 o número de vítimas mortais polas inundacións en Texas
05/07/2025 08:39
As autoridades aínda non localizaron as 27 nenas desaparecidas mentres participaban nun campamento de verán

Trump rubrica a súa lei de recorte fiscal e orzamentario e di que é a súa "maior vitoria"
05/07/2025 08:15
Asegura que a nova lei "inclúe o maior recorte de impostos na historia dos Estados Unidos, o maior recorte de gastos, de 1,7 billóns de dólares", e o maior investimento en seguridade fronteiriza"
Diversas organizacións estiman que a lei deixará a uns 12 millóns de residentes nos EUA sen acceso a axudas federais

Hamas responde de forma "positiva" aos mediadores e está preparado para negociar a tregua
04/07/2025 22:20
Os islamitas solicitaron algúns cambios menores ao texto da proposta, entre eles eliminar o mecanismo de distribución de axuda humanitaria
A proposta inclúe unha tregua de 60 días na cal Hamas liberará á metade dos reféns israelís que aínda seguen vivos a cambio da liberación de varios prisioneiros palestinos en mans de Israel

Un apagamento masivo afecta Praga e varias cidades checas por un fallo nunha subestación
04/07/2025 16:44
Oito subestacións sufriron unha caída da subministración debido a unha caída nun condutor de fase
O transporte ferroviario e o metro de Praga víronse afectados polo corte, do que non hai indicios de ciberataque