Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Mundo .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Mundo .

Mundo

Imaxe de arquivo

O G7 acorda prestarlle a Ucraína 46.000 millóns de euros

13/06/2024 15:47

Financiarase cos xuros xerados polos activos do banco central ruso que se atopan conxelados na Unión Europea

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  CONFLITO UCRAÍNO

Liorta entre deputados do parlamento italiano con patadas, puñadas e un ferido evacuado

13/06/2024 14:43

En Italia viviuse unha auténtica batalla campal no Parlamento. Os deputados enleáronse na
Categorías:  Mundo   Política

A xustiza europea avala converter os interinos en fixos para sancionar os abusos de temporalidade

13/06/2024 11:29

O TXUE dá resposta á petición de tres traballadoras interinas da Generalitat de Cataluña que alegaban que o seu traballo respondía a necesidades ordinarias, duradeiras e permanentes


Félix García: "Todas as empresas da automoción teñen que cumprir as mesmas regras de xogo"

13/06/2024 10:52

O director de Comunicación de Anfac avoga por penalizar as importacións a Europa de coches eléctricos das multinacionais da China que reciben subvencións públicas

Teme un "aumento do prezo dos coches eléctricos que veñan da China" se se converte en definitiva a suba de aranceis propostos por Bruxelas

Pídelle ao Goberno "axudas directas" a particulares e empresas para incentivar a compra de coches e furgonetas eléctricas en España


Bruxelas subirá aranceis aos coches eléctricos procedentes da China

13/06/2024 09:04

Bruxelas cumpre coa ameaza de subida arancelaria polos subsidios da China aos seus coches
Categorías:  Mundo   Economía   Empresa
Etiquetas:  UNIÓN EUROPEA

Varios artigos falsificados, comisados polas autoridades españolas, nunha imaxe de arquivo (EFE-EPA)

13 millóns de produtos falsos incautados e 264 detidos nunha operación internacional

12/06/2024 19:11

Hai preto de 500 marcas afectadas polas imitacións e os produtos incautados están valorados en máis de 120 millóns de euros

Tivo especial incidencia en atallar a falsificación de camisetas e material deportivo para os principais eventos deportivos que se celebrarán en Europa este ano

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  FALSIFICACIÓN

Fotografía de arquivo da presidenta da axencia Magnum Photos, a española Cristina de Middel, en Alacante EN marzo de 2023 EFE / Morell

A axencia Magnum Photos gaña o Premio Princesa de Asturias da Concordia

12/06/2024 13:43

O xurado recoñece o seu "icónico e esixente" labor de fotoperiodismo ao longo de case oito décadas en que foi "exemplo de liberdade de prensa e asunción de riscos"

Os seus catro socios fundadores, Robert Capa, Henri Cartier-Bresson, George Rodger e David Seymour, pasaron á historia como os pais do fotoxornalismo


Hamas ábrese a aceptar a proposta de tregua de Biden, pero modificando algúns puntos

12/06/2024 13:11

Un funcionario israelí sostén que Hamas rexeita a proposta de Biden

Os ataques israelís seguen por toda a Franxa 250 días despois do inicio de guerra

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   HAMAS

Sánchez anuncia 17 millóns en apoio a Palestina e pide aceptar o plan de paz dos EUA para Gaza

11/06/2024 09:36

O presidente do Goberno participa en Xordania nun cumio de xefes de Estado e de Goberno no que participa o secretario xeral da ONU

O obxectivo é reforzar a resposta internacional ante a catástrofe humanitaria que vive a Franxa

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  PEDRO SÁNCHEZ   GAZA


O Parlamento Europeo escórase á dereita, pero resiste a maioría proeuropea

10/06/2024 08:50

O Partido Popular Europeo logrou 189 escanos e manterase como a primeira forza comunitaria, mentres que a Alianza dos Socialistas e Demócratas europeos (S&D) será o segundo grupo, con 135 eurodeputados

Von der Leyen tende a man a socialdemócratas e liberais para construír unha maioría proeuropea 

Ultraconservadores, nacionalistas e eurófobos son os grandes gañadores dos comicios


Macron deposita o seu voto en Francia nas europeas 2024

Macron convoca eleccións logo da derrota ante Le Pen e o primeiro ministro belga dimite

09/06/2024 21:16

"Non podo facer como se non pasase nada", dixo o presidente francés Emmanuel Macron nun discurso desde o Elíseo

Meloni logra unha cómoda vitoria en Italia


Os cabeza de lista ás europeas fan un chamamento á participación

09/06/2024 15:02

Os candidatos das principais listas ao Parlamento Europeo exerceron o seu dereito a voto durante a mañá

Categorías:  Mundo   Política

O campamento de Nuseirat, no centro de Gaza, tras a operación

Israel rescata catro reféns nunha operación en que morreron 200 civís palestinos

08/06/2024 14:48

Abás pide unha reunión urxente ao Consello de Seguridade da ONU para discutir as "repercusións do sanguento masacre" en Nuseirat

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   HAMAS   GAZA

A cidadanía elixe os 720 deputados que conformarán o Parlamento Europeo

08/06/2024 14:25

As votacións estanse a celebrar desde o 6 de xuño ata o día 9, dependendo dos países

Os resultados coñeceranse o domingo a partir das once da noite, cando Italia pecha os colexios electorais

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS 9X

A primeira ministra nunha imaxe de arquivo. REUTERS

Prisión para o agresor da primeira ministra danesa nun acto "espontáneo"

08/06/2024 10:15

Un xulgado decretou prisión preventiva ata o 20 de xuño

A policía sospeita que foi un ataque "illado" sen planear

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  XUSTIZA   DINAMARCA

A ONU inclúe Israel na lista de países que violan os dereitos dos nenos nos conflitos

07/06/2024 20:23

O embaixador de Israel ante a ONU di que o seu exército é o máis exemplar e acusa o secretario xeral da organización de fomentar o odio a Israel

 


España pide ao Consello que comece a negociar a adhesión de Ucraína e Moldova

07/06/2024 18:31

Foi nunha carta subscrita por outros doce países

A comunicación, iniciada pola República Checa, busca acelerar o proceso de adhesión e convocar as conferencias intergobernamentais con ambos os países a finais de mes


Europa reabre o debate sobre a volta do servizo militar obrigatorio

07/06/2024 14:25

En España as Forzas Armadas pasaron a ser profesionais en 2001


A OMS aclara que a morte dun paciente en México non é atribuíble á gripe aviaria

07/06/2024 12:05

O portavoz da OMS subliñou que a investigación do caso está actualmente en curso


Un 80 aniversario do Día D marcado pola invasión de Ucraína

06/06/2024 20:01

Os líderes dos países aliados honran os heroes de Normandía

Joe Biden: "A unidade prevaleceu entón e prevalecerá agora"


Imaxe de arquivo do logotipo do FMI (EFE/Jim Lo Scalzo)

O FMI sitúa o crecemento de España en 2024 nun 2,4 %

06/06/2024 18:05

O prognóstico para o 2025 mantense nun 2,1%

As previsións son mellores que as do Goberno, que prevé unha subida do 2 e do 1,9 % en 2024 e 2025, respectivamente


O BCE baixa os tipos de xuro en 0,25 puntos, ata o 4,25 %, o primeiro recorte en oito anos

06/06/2024 14:06

Trátase dun cambio de rumbo tras o inicio do endurecemento da política monetaria hai dous anos

O Consello de Goberno do organismo, que se reuniu este xoves en Frankfurt, tamén decidiu recortar nun cuarto de punto a facilidade de crédito

Categorías:  Mundo   Economía
Etiquetas:  BCE

Os presidentes de Francia e dos EUA nos actos conmemorativos do Desembarco de Normandía (REUTERS/Benoit Tessier)

Líderes de 17 países, entre eles España, apoian o plan de Biden para Gaza

06/06/2024 13:22

O Goberno británico difundiu o comunicado en que instan Hamas e a Israel a aceptar ese plan do presidente dos EUA


(REUTERS / Doaa Rouqa)

Un ataque israelí contra unha escola da ONU en Gaza deixa máis de 40 mortos e ducias de feridos

06/06/2024 12:04

Israel asegura que na escola se agochaban "entre 20 e 30 terroristas" de Hamas e da Xihad Islámica

O masacre perpetrouse de madrugada, mentres a xente durmía

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   ONU   HAMAS   GAZA

José Manuel Albares, ministro español de Asuntos Exteriores (EFE/Sergio Pérez)

España intervirá na demanda contra Israel ante o Tribunal Internacional de Xustiza

06/06/2024 10:31

O ministro español de Exteriores, José Manuel Albares, defendeu a decisión ante a continuación da operación militar en Gaza e a "enorme preocupación" que suscita a extensión rexional do conflito

Líderes de 17 países, entre eles España, apoian o plan de Biden para Gaza

Un ataque israelí contra unha escola da ONU en Gaza deixa 35 mortos e ducias de feridos

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   PALESTINA   GAZA

Engalaxe do Starship (France Press)

Starship, o megafoguete de Elon Musk, realiza o seu cuarto voo de proba

06/06/2024 09:22

É a nave máis grande que busca alcanzar o espacio exterior

Decenas de curiosos estiveron dende primeira hora esperando polo lanzamento

Supón a primeira viaxe exitosa do Starship tras os fracasos anteriores

Será a nave utilizada no proxecto Artemis, a carta de presentación da NASA para loitar con China por ter a primeira base permanente na Lúa

Categorías:  Mundo   Sociedade   Vida
Etiquetas:  NASA   ESPAZO

Logotipo do Instituto de Diagnose Epidemiolóxica (Reuters)

A OMS reporta en México a primeira morte humana por gripe aviaria no mundo

06/06/2024 09:07

A vítima é un home de 59 anos, que faleceu o pasado 24 de abril e non estivo en contacto con aves de curral ou outros animais


O xuízo penal a Trump en Xeorxia queda en suspenso por orde da Corte de Apelacións

06/06/2024 08:38

O proceso non se retomará ata que non haxa unha decisión sobre a petición do exmandatario (2017-2021) de descualificar a fiscal dese caso, Fani Willis, por un suposto conflito de intereses, segundo a decisión asinada por esa corte

Categorías:  Mundo   Política

80 anos do desembarco de Normandía: a actual Europa en guerra recorda a súa liberación

05/06/2024 13:03

Xefes de Estado e de Goberno participan na conmemoración, á que non se convidou ningún representante de Rusia

Os veteranos da batalla volven na que seguramente sexa a súa última vez


(DPA/Rene Priebe)

A violencia contra políticos en Alemaña escala chanzos na campaña das europeas

05/06/2024 11:52

Esta noite pasada foi acoitelado un candidato da ultradereitista Alernativa para Alemaña (AfD)

Un policía morreu polas feridas sufridas o venres pasado tras a súa actuación durante un ataque contra un militante antiislam

En abril un candidato socialdemócrata quedou ferido grave tras ser agredido mentres pegaba carteis


Netanyahu ameaza con cometer unha acción "moi forte" na fronteira co Líbano

05/06/2024 11:33

Israel mobiliza ata o 31 de agosto 50.000 reservistas adicionais, que se suman aos 300.000 que están xa operando desde outubro

O primeiro ministro israelí asegura que non quedarán "de brazos cruzados" se alguén lle fai dano a Israel


Imaxe de arquivo de Daniel Sancho, arrestado en Tailandia en agosto de 2023

Daniel Sancho pacta coa Fiscalía unha multa de 450 euros por propinar un puñazo a un mozo en 2019

05/06/2024 10:26

O acusado declarou por videoconferencia desde Tailanda, onde está en prisión provisional mentres se coñece a sentenza polo asasinato de Edwin Arrieta

As autoridades tailandesas prohibiron a difusión de imaxes de Sancho


O primeiro ministro indio Narendra Modi celebra a victoria electoral á súa chegada á sede do seu partido en Nova Delhi (Reuters).

A alianza de Modi logra a terceira vitoria consecutiva nas eleccións da India

05/06/2024 08:58

Os 239 escanos da Alianza Democrática Nacional non abondan para gobernar en solitario

O opositor Partido do Congreso de Rahul Gandhi remontou as enquisas e conseguiu 191 representantes

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   A INDIA

Eslovenia recoñece a Palestina como estado soberano

04/06/2024 22:22

Dá por boas as fronteiras de 1967 ou as que as partes involucradas decidan nun futuro acordo de paz

Categorías:  Mundo   Política

O presidente dos Estados Unidos de América, Joe Biden. (EFE/Jim Lo Scalzo)

Biden anuncia unha orde executiva que limita as solicitudes de asilo na fronteira

04/06/2024 18:31

A noticia chega en plena campaña para as eleccións xerais de novembro

Os migrantes deberán demostrar que están en risco de sufrir torturas ou ser perseguidos se son devoltos ao seu país de orixe


Imaxe de arquivo dun HIMARS estadounidense na rexión ucraína de Zaporijia (Europa Press).

Kíiv destrúe con armas occidentais un obxectivo militar en territorio ruso

04/06/2024 10:31

Un HIMARS de fabricación estadounidense atacou un sistema antiaéreo despregado no óblast ruso de Bélgorod

É a primeira vez que Ucraína usa o permiso concedido por unha decena de aliados para usar o seu armamento en Rusia


Imaxe da cámara térmica que rexistrou a erupción do volcán Kanlaon (Illas Filipinas) este martes (Reuters)

Filipinas evacúa a poboación das zonas próximas ao volcán Kanlaon tras a súa erupción

04/06/2024 08:17

Uns 60.000 residentes evacuados son instalados de momento en escolas públicas da cidade


Imaxe de arquivo do presidente dos EUA, Joe Biden

Biden asinará este martes unha orde que "pecha a fronteira" á migración irregular

03/06/2024 20:48

A iniciativa busca impedir a entrada aos Estados Unidos dos migrantes unha vez que se supere unha cifra que aínda está en debate


Un home intenta limpar a rúa en Reichertshofen, preto de Ingolstadt (Reuters/Angelika Warmuth9

Catro mortos nas inundacións no sur de Alemaña

03/06/2024 17:03

As inundacións débense ás fortes choivas que azoutan a rexión desde o sábado

Publicidade
Publicidade