Publicador de contidos

Publicador de contidos

Michael Madsen, actor de 'Kill Bill' e 'Reservoir Dogs', falece aos 67 anos

Michael Madsen, actor de 'Kill Bill' e 'Reservoir Dogs', falece aos 67 anos

O intérprete, cunha longa carreira de máis de 300 series e películas, faleceu dun paro cardíaco no seu domicilio en Malibú

O actor Michael Madsen (Foto de arquivo/Europa Press) O actor Michael Madsen (Foto de arquivo/Europa Press)
G24.gal 03/07/2025 22:53

O actor estadounidense Michael Madsen, coñecido polo seu traballo en filmes como Kill Bill Vol. 2 e Reservoir Dogs, faleceu aos 67 anos.

O seu representante confirmou que o actor aparentemente sufriu “un paro cardíaco”, e declarou que Madsen estaba entusiasmado por mostrar o traballo que estivera realizando no cinema independente, incluíndo as longametraxes Resurrection Road, Concessions e Cookbook for Southern Housewives.

Madsen foi un actor recorrente nas películas de Quentin Tarantino, incluíndo a súa ópera prima Reservoir Dogs, The Hateful Eight, Kill Bill ou Once Upon a Time in Hollywood.

A súa carreira composta por máis de 328 títulos, de acordo coa base de datos IMDb, tamén estivo marcada por películas como Donnie Brasco, de Mike Newell, ou Thelma & Louise, de Ridley Scott.

Madsen naceu en Chicago o 25 de setembro de 1957 e conseguiu o seu primeiro rol en cinema coa película War Games, de 1983, protagonizada por Matthew Broderick.

A maior parte da súa carreira dedicouna ao cinema, pero de entre os centos de títulos nos que participou tamén destacan algúns traballos televisivos como Vengance Unlimited ou Tilt.

Ademais, o interprete tamén ten créditos como produtor e guionista, e paralelamente ao seu traballo como actor publicou varios libros como poeta como Burning in Paradise, de 1998, ou Expecting Rain, de 2013.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade