Contido con Temática .
Mar

Finalizaron as vedas e chegan as nécoras e os lumbrigantes aos mercados
03/07/2025 14:02
As capturas das nécoras están a ser escasas, pero as dos lumbrigantes son abondosas

Galicia xestiona desde este martes toda a costa do país
30/06/2025 09:22
A Xunta prevé que o procedemento único para autorizacións no litoral estea operativo a final de ano
Pretende implantar a xestión integrada para reforzar a seguridade xurídica dos negocios do litoral e simplificar os trámites
A Xunta solicita ao Goberno central a transferencia da xestión dos permisos de traballo

O bonito do norte empeza a abundar nas peixerías e vai máis barato
27/06/2025 14:09
Os primeiros bonitos sempre van mais caros. Esta semana foi importante a baixada de prezos nas peixerías.
Un produto moi versátil co que se poden facer moitas receitas frescas para o verán

Rueda destaca o compromiso da Xunta coa economía azul como modelo de desenvolvemento
13/06/2025 17:20
O presidente da Xunta e a conselleira do Mar, Marta Villaderde, participaron nun acto conmemorativo con motivo do Día Marítimo Europeo en Vigo

A piques de rematar a campaña da centola, con resultados satisfactorios para o sector
12/06/2025 14:10
A confraría do Grove alcanza os 70.000 quilos comercializados desde o inicio da campaña, a primeiros de novembro, cando quedan poucos días para que esta especie entre en veda ata novembro

A Xunta avaliará co sector recorrer a sentenza que avala a veda da pesca de fondo
12/06/2025 12:53
A conselleira do Mar admite a "decepción" da Xunta: "Tentaremos ver as posibles opcións de recursos"

A Xustiza europea desestima os recursos de España contra o veto á pesca de fondo
11/06/2025 13:11
A sentenza subliña que a designación dunha zona mariña vulnerable baséase na presenza verificada ou posible de especies protexidas para garantir a súa protección fronte aos "significativos efectos adversos das artes de fondo en xeral"
O ditame lembra, ademais, que a prohibición só se aplica á pesca a unha profundidade superior ou igual a 400 metros e matiza que España e os pescadores demandantes non demostraron que o arrastre non supoña un risco para os ecosistemas mariños vulnerables
Palangreiros galegos alertan de "desaparición" do sector polo veto ao arrastre: "Hoxe perdemos todos"
España estuda como responder á sentenza
Galicia analiza como contestar á "moi negativa" sentenza

Avanza o proxecto para instalar en Burela a primeira planta de cría de salmón de Galicia
06/06/2025 14:16
As obras comezarán a finais de ano e suporán un investimento de 80 millóns de euros

Costas inicia as catas na Ribeiriña da Pobra para dar coa orixe das verteduras de hidrocarburos
27/05/2025 14:26
Unha vertedura de hidrocarburo mantivo pechada ao marisqueo a zona da Ribeiriña
Costas iniciou as catas na zona da antiga conserveira buscando posibles filtracións subterráneas
Os veciños denuncian o mal estado dunha antiga fábrica de fariñas e piden solucións seguras para a zona

Os primeiros barcos da costeira do bonito regresan dez días antes do habitual
24/05/2025 20:51
A lonxa de Burela acolleu esta semana a primeira poxa desta tempada

23/05/2025 11:18
Ante a sospeita de que o camión transportaba máis cantidade da que estaba reflectida na documentación, a Garda Civil acompañou o camioneiro ao seu destino, o porto da Coruña, para proceder á pesada da mercadoría na báscula da lonxa

Londres autoriza os pescadores da UE para o acceso a augas británicas durante doce anos
19/05/2025 12:28
O acordo estreita a relación entre a UE e o Reino Unido tras o Brexit: "Este acordo marca unha nova era coa Unión Europea", di Starmer
Von der Leyen: "Estamos a abrir un novo capítulo da nosa relación única co Reino Unido"

O Goberno aproba 703 millóns para construír un novo buque de aprovisionamento en Navantia Ferrol
16/05/2025 17:59
A ministra de Defensa, Margarita Robles, afirmou que esperan lanzar a orde de execución do novo buque no mes de xuño

Batalla contra as algas na ría de Pontevedra: "Hai que sacalas, porque asfixian o marisco"
15/05/2025 14:35
O barco da Lonxa de Campelo encárgase de recoller e empacar as algas, que este ano chegaron cun mes de adianto

Varios mariñeiros da ría de Muros e Noia estudan combinar a pesca co turismo
11/05/2025 14:18
O patrón do Maraxe di que poría a pesca artesanal en valor e reduciría o esforzo pesqueiro

Burela, epicentro do sector pesqueiro na XX edición de Expomar
07/05/2025 21:09
Presentan o último en innovación 350 marcas e 50 expositores
O conselleiro do Mar asistiu á xornada inaugural
Catro días, do 7 ao 10 de maio, para analizar os retos e os problemas do sector

Un visor web de densidade larvaria para axudar o sector mexilloeiro
07/05/2025 14:35
O Goberno galego, co apoio de distintos centros científicos, pon á disposición do sector unha nova ferramenta que ofrece información do estado das larvas
O sector mexilloeiro vive momentos difíciles, cunha caída da produción dun 35 por cento desde o ano 2023

Comisados case 380 quilos de polbo e máis de 2.000 nasas entre o cabo Silleiro e A Guarda
29/04/2025 17:39
Os axentes non puideron identificar os autores desta infracción e todo o produto foi devolto ao mar

Profand supera os mil millóns de euros de facturación e consolida o seu liderado
24/04/2025 08:37
A súa facturación ascendeu a 1.009 millóns de euros, o cal supón un incremento do 8 % respecto ao exercicio anterior

Vigo reclama ser porto nodal tras ser excluído do investimento no Corredor Atlántico
16/04/2025 19:17
Abel Caballero reclamou a Transportes que Vigo estea presente na repartición dos 3.143 millóns de euros que o ministerio investirá nos portos da Rede Transeuropea de Transportes

O Catálogo de patrimonio cultural do litoral de Galicia detallará os usos actuais e futuros da costa
14/04/2025 13:37
A Xunta acorda as primeiras medidas para cando asuma a competencia do litoral
A administración autonómica implantará un procedemento único para axilizar permisos

Basilio Otero: "Mentres haxa mar vai haber pescadores; pedimos que nos deixen traballar"
14/04/2025 10:50
O burelense afronta o seu terceiro mandato á fronte da Federación Nacional de Confrarías cun reto por diante: a remuda xeracional. "Hai que falar ben da pesca e non estar sempre chorando porque se non non vai vir remuda xeracional"
Otero pon o acento na modernización da frota: "Precisamos barcos do século vinte e un para mariñeiros do século vinte e un"

Galicia terá 38.500 km2 máis de fronteiras submarinas
10/04/2025 14:02
Á fronte da investigación está o xeólogo mariño galego Luis Somoza; a medida abre novas oportunidades baixo o océano Atlántico, tanto para investigar como para explotar os recursos
A ONU permite aos Estados reclamar como plataforma continental as zonas que se consideran prolongacións naturais do seu territorio baixo o mar
Nacións Unidas ratificará no mes de agosto a ampliación das fronteiras submarinas

As empresas cren que o traspaso do litoral dará máis seguridade xurídica ás actividades do mar
09/04/2025 14:33
Para as patronais, xestionar a costa dende Galicia significa facelo con máis coñecemento
A Xunta poderá regular os usos na franxa marítima e controlará as concesións
Segundo a Administración, hai case 200 empresas e 3.800 edificacións afectadas pola lei de costas
_frame_199.jpg)
Villares reclama en Bruxelas unha maior protección do mercado europeo da pesca
08/04/2025 21:19
Alfonso Villares participou en Bruxelas na Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas
Pide que rexan os principios do coñecido como level playing field respecto a países como Tailandia con normativas medioambientais e laborais máis laxas que as europeas

O sector do cerco pide racionalizar o rexistro de interaccións con mamíferos
04/04/2025 14:46
As xornadas de ACERGA analizaron o desafío que impoñen os cambios das correntes e na temperatura do mar

Interceptado un barco portugués con 250 quilos de polbo e case 900 artes ilegais
04/04/2025 14:19
Gardacostas de Galicia e Garda Civil interceptárono fronte a Mougás e está retido en Baiona
Os tripulantes do Santa María Areias tentaron fuxir, pero finalmente foron conducidos ao porto de Baiona

Os membros da UPA lideraron en Galicia máis de 800 operacións contra o furtivismo en 2024
03/04/2025 14:11
Nunha das operacións máis importantes decomisaron máis dunha tonelada de marisco

Aparece preto da Torre de Hércules o corpo do home desaparecido na Coruña
03/04/2025 09:34
A embarcación Mar de Galicia localizou o cadáver nas inmediacións do faro romano, a 700 metros de punta Herminia

Retómase a busca do home desaparecido hai dez días na contorna da Torre de Hércules
02/04/2025 10:57
O avistamento dun corpo na zona do Portiño fixo que se intensificaran os traballos

01/04/2025 13:58
O celalópodo galego entra en paro biolóxico e estará vedado ata o primeiro de xullo
Son medidas acordadas co sector ante o descenso das capturas. A diminución do polbo cífrase nun 25 % con respecto do ano anterior

Prohibida a captura do polbo en Galicia ata xullo
31/03/2025 20:28
O plan de recuperación da especie amplia a veda de dous a tres meses nesta campaña

O Porto de Ferrol cede ao Concello máis de 200.000 metros cadrados de solo
31/03/2025 19:50
O alcalde ve "clave" estes terreos para desenvolver a Cidade do Deporte e avanzar no proxecto de abrir a cidade ao mar

Basilio Otero revalida o seu posto como presidente das confrarías pesqueiras españolas
31/03/2025 17:36
O patrón maior de Burela destaca que o acompañarán neste mandato a patroa maior de Gandía e a vicepatroa de Camariñas como vicepresidentas primeira e terceira da federación

A Garda Civil comisa en Corcubión 606 quilos de sardiña por irregularidades
26/03/2025 10:37
Presentáronse dúas denuncias contra a empresa comercializadora, con sede na Coruña, por transporte de produtos de pesca sen a documentación regulamentaria e por comercialización de produtos de pesca fóra dos leitos legais

Confraría e mariscadores de Aguiño avalían a interceptación de 80 quilos de ourizo furtivo
18/03/2025 14:11
O produto, devolto ao mar, sobrepasaba o tope legal e non chegaba ao tamaño mínimo establecido nesta campaña

Os 19 mariñeiros rescatados do Pico Tresmares esperan ser recollidos por un buque da mesma empresa
18/03/2025 10:03
O afundimento do palangreiro, con base en Celeiro, produciuse este luns no Pacífico Sur, a unhas mil millas ao oeste de Chile
Un pesqueiro portugués rescatou a toda a tripulación cando os mariñeiros xa evacuaran o barco e ocupaban as lanchas salvavidas

A salvo os 19 tripulantes dun pesqueiro de Celeiro afundido na costa de Chile
17/03/2025 20:55
Todos están a bordo dun barco portugués que os rescatou

Do 1 de abril ao 30 de xullo non se poderá capturar polbo en augas galegas
17/03/2025 19:46
A Xunta e o sector pactaron un paro biolóxico dun mes e unha veda de dous para recuperar a especie

Decepción entre as mariscadoras de Noia na segunda xornada da campaña tras unha parada de dous meses
04/03/2025 14:10
Nin o tamaño do produto, nin a cantidade nin os prezos cumpriron as expectativas
O berberecho de cuarta non chegou aos 3 euros o quilo na lonxa