Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un visor web de densidade larvaria para axudar o sector mexilloeiro

Un visor web de densidade larvaria para axudar o sector mexilloeiro

 O Goberno galego, co apoio de distintos centros científicos, pon á disposición do sector unha nova ferramenta que ofrece información do estado das larvas 

O sector mexilloeiro vive momentos difíciles, cunha caída da produción dun 35 por cento desde o ano 2023

G24.gal 07/05/2025 14:35

O aumento da temperatura do mar e os cambios nos patróns de afloramento son algunhas das causas que, segundo os científicos, están a provocar o descenso da produción, en total 200.000 toneladas menos de mexillón desde o ano 2023. Unha situación que mellorou algo durante este ano, pero que aínda mantén preocupado o sector.

Piden novos proxectos que saquen adiante a produción. Neste sentido o Centro Tecnolóxico do Mar co apoio da Xunta de Galicia pon á disposición do sector unha nova ferramenta destinada a garantir a súa sustentabilidade. 

É a última fase do proxecto APROMEX que ten por obxectivo a análise da dispoñibilidade da mexilla para abastecer o sector acuícola galego, onde Galicia está á cabeza na produción nacional e europea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade