Publicador de contidos

Publicador de contidos

Burela, epicentro do sector pesqueiro na XX edición de Expomar

Burela, epicentro do sector pesqueiro na XX edición de Expomar

Presentan o último en innovación 350 marcas e 50 expositores 

O conselleiro do Mar asistiu á xornada inaugural

Catro días, do 7 ao 10 de maio, para analizar os retos e os problemas do sector

Un dos 50 expositores presentes en Expomar
G24.gal 07/05/2025 21:09 Última actualización 07/05/2025 21:20

Vinte anos da Expomar de Burela e vinte edicións innovando para atraer cada vez máis participantes e máis visitas. 30.000 tiveron o ano pasado, o que subliña a súa importancia como destaca o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

"Porque se presentan avances, iniciativas, proxectos, ideas, todo canto se está facendo e todo canto hai que facer no sector", explicou.

Ás 350 marcas e 50 expositores engaden desta volta un novo espazo networking, degustacións e demostracións en vivo como o despezamento dun peixe espada de máis de cen quilos como explica Carmela López, alcaldesa de Burela e presidenta de Expomar.

"Para que sexa tamén un atractivo para todas as persoas da bisbarra, da provincia. E o sábado vai haber un ronqueo", afirmou.

Cinco mil metros cadrados para presentar o último en innovación e tecnoloxía da industria pesqueira, xerar colaboracións e compartir ideas entre empresas, administración e persoas do sector.

Nos vindeiros tres días, as xornadas técnicas e o encontro empresarial analizarán os retos e os problemas actuais do sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade