Contido con Xeográficas .
Mundo

Detido o expolicía vigués Miguel Devesa, o líder do maior cártel de cocaína en África
29/04/2022 13:06
Arrestárono en Costa do Marfil con outras 9 persoas
Lideraba unha banda dedicada a recibir en pesqueiros toneladas de cocaína para enviar a Europa
Os axentes incautáronse de máis de dúas toneladas de droga

As autoridades ucraínas aseguran que nas últimas horas houbo 50 ataques aéreos sobre Mariupol
29/04/2022 08:22
Dous mísiles bateron nun edificio de vivendas e nunha fábrica
Guterres admite ante Zelenski que a ONU lle fallou a Ucraína

Rusia ataca Kíiv durante a visita do secretario xeral da ONU
28/04/2022 20:41
Dous mísiles impactaron sobre un distrito do centro da cidade
António Guterres reuniuse con Zelenski, ao que lle recoñeceu o fracaso das Nacións Unidas para parar a guerra
Guterres esíxelle a Rusia que colabore na investigación sobre os crimes de guerra

Plantan cereais na Terra Chá para non depender do gran ucraíno
28/04/2022 19:52
Sementaron cebada, trigo e avea para usar como forraxes
Bótanos en outubro e recóllenos na primavera, cando aínda están verdes

Bruxelas aproba 169 millóns de euros de axudas ao sector lácteo pola guerra en Ucraína
28/04/2022 12:19
As axudas concederanse en forma de subvencións directas aos produtores de leite de vaca, ovella e cabra activos en España
Os produtores de leite de vaca poderán recibir 210 euros por vaca ata o primeiros corenta animais, 140 por cada unha ata unha cifra de 180 vacas e 100 euros por animal a partir desa cantidade
No caso dos produtores de leite de ovella e de cabra, as axudas serán de 15 euros e 10 euros por animal

Guterres insta a Rusia a colaborar na investigación do masacre de Bucha
28/04/2022 10:57
O secretario xeral da ONU está de visita en Ucraína para reunirse co presidente Volodimir Zelenski esta tarde

Afectadas 20.000 persoas e 12.500 hectáreas polos asolagamentos en Venezuela
28/04/2022 08:13
Varias vilas no sur do lago de Maracaibo quedaron baixo as augas

Borrell afirma que Europa foi moi lonxe na dependencia do gas ruso e debe reducila
28/04/2022 07:42
Borrell responde á decisión do Goberno de Putin de cortar a subministración a Polonia e a Bulgaria pola negativa a pagaren en rublos

O papa Francisco, ás sogras: "Tede coidado coa lingua"
27/04/2022 22:03
Pediulles ás noras que axuden as nais dos seus esposos a ter unha vellez feliz
Francisco dixo que a lingua é un dos pecados máis feos das sogras

Alxeria ameaza con cortar o gas a España se despois se lle vende a Marrocos
27/04/2022 21:35
O Goberno xa negou que vaia vender o gas Alxeriano a Marrocos
España poderá facilitarlle gas doutros países

Putin ameaza con atacar calquera país que interfira na súa ofensiva en Ucraína
27/04/2022 20:33
O presidente ruso di que está disposto a usar o seu arsenal de mísiles hipersónicos
A OTAN teme un ataque ruso en Moldova e anuncia o seu apoio ao país

Menos avión e máis tren: a receita de Greenpeace para boicotear o petróleo ruso
27/04/2022 19:26
Os ecoloxistas propoñen eliminar os voos curtos e aumentar o teletraballo
Recomendan reformar o mercado elécrico
Desde o inicio da guerra as petroleiras gañaron 3.000 millóns de euros pola suba dos prezos do combustible

Bruxelas dá o primeiro paso para conxelar os fondos a Hungría
27/04/2022 12:15
A Comisión Europea suspenderá os fondos se o Goberno de Orbán non soluciona as deficiencias do Estado de Dereito
.png)
Rusia avanza aos poucos, e preocupa a ameaza nuclear a outros países do leste
27/04/2022 08:23
Moscova asegura que ten o control completo da rexión de Khersón, ao sur do país
As autoridades ucraínas denuncian que un mísil ruso bateu nunha ponte que une Odessa con Romanía

Rusia interrompe o fluxo de gas a Polonia e Bulgaria
27/04/2022 08:13
Ambos os países din que teñen reservas suficientes e que non cederán á chantaxe rusa
Os mercados reaccionan cunha suba do prezo do gas
Catro compradores europeos xa pagaron o gas en rublos, segundo a axencia Bloomberg
.png)
Elon Musk compra Twitter en #MenosDunMinuto
26/04/2022 20:38

Putin, disposto a negociar cara a cara con Zelenski pero con condicións
26/04/2022 20:14
O secretario xeral da ONU pediulle ao presidente ruso un alto o fogo "o antes posible"
Rusia rexeita a mediación das Nacións Unidas para crear corredores humanitarios seguros en Ucraína

Soben a 190 os casos da nova hepatite infantil en doce países
26/04/2022 14:48
A maior incidencia é no Reino Unido
En España detectáronse 13 casos, dous deles en Galicia
Os especialistas consideran que non é unha incidencia alarmante, aínda que resaltan o nivel de gravidade que acada nun 10 % dos casos

Guterres pide en Moscova un inmediato cesamento das hostilidades en Ucraína
26/04/2022 14:01
O encontro entre o secretario xeral da ONU chega despois de que Lavrov advertira de que existe perigo real dunha terceira guerra mundial

Kim Jong-un ameaza: "As nosas armas nucleares non poden ser só disuasorias"
26/04/2022 12:06
O líder norcoreano instou nun gran desfile a ampliar a capacidade nuclear do país ata o punto de poder realizar ataques preventivos
.png)
26/04/2022 08:39
O día que fai 36 anos do accidente de Chernóbil, fálase da posibilidade do uso de armamento nuclear
A rexión prorrusa de Transnistria denuncia tres atentandos en menos de 24 horas

Medo a que rompa a cadea de subministracións polo xigantesco atasco en Shanghai
26/04/2022 08:16
Din os expertos que pode ser moito peor que a crise do canal de Suez

Musk merca Twitter por 44.000 millóns de dólares
25/04/2022 21:38
A rede social deixará de cotizar en bolsa

Rusia esixe aos Estados Unidos que deixen de enviar armas a Ucraína
25/04/2022 20:05
A ofensiva rusa estáncase no Donbás e o exército de Putin atacou cinco estacións de tren no centro e no oeste

Matan a tiros en México o empresario galego Carlos Estévez Álvarez
25/04/2022 19:17
O home, natural de Avión, tiña negocios na capital mexicana
A súa familia viaxou a México DF para asistir ao enterro

Bruxelas desaconsella aos Vinte e sete baixar o IVE do gas e a electricidade
25/04/2022 14:14
O comisario de Economía cre que non é a medida axeitada para conseguir a redución dos prezos ou para alcanzar os obxectivos climáticos, nin tampouco é unha acción que fomente a equidade

Rusia anuncia un cesamento do fogo para evacuar civís de Azovstal, en Mariupol
25/04/2022 10:54
Os Estados Unidos cren que Ucraína pode gañar a guerra e ofrécenlle máis axuda
Os secretarios de Estado e Defensa de Joe Biden visitaron Kíiv, onde comprometeron o seu apoio e anunciaron que recuperan a presenza diplomática no país

A OMS informa da primeira morte pola nova hepatite aguda infantil
25/04/2022 08:31
A autoridade sanitaria mundial confirma 169 casos en 11 países, a maioría no Reino Unido

A policía francesa dispara e mata dúas persoas nun coche que circulaba a contramán
25/04/2022 08:30
O incidente produciuse cando un coche que ciculaba en dirección prohibida chocou contra os axentes

Francia mantén a Macron no Elisio malia o histórico avance de Le Pen
25/04/2022 08:18
O mandatario impúxose co 58,54 % dos votos, fronte ao 41,46 % da líder ultradereitista
Un dos elementos destacados da xornada electoral foi a abstención do 28,01 %, a máis elevada nunha segunda volta das presidenciais desde 1969
As lexislativas de xuño medirán a capacidade de manobra do novo Goberno e a fractura do país

Os líderes europeos saúdan a vitoria de Macron como un apoio á UE
25/04/2022 08:00
A reelección dálles un balón de osíxeno aos partidarios de novos avances na integración europea

Cúmprense dous meses da ofensiva rusa con miles de mortos e as negociacións estancadas
24/04/2022 20:51
Os ucraínos celebran un triste domingo da Pascua ortodoxa
Zelenski reúnese cos secretarios de Estado e de Defensa dos Estados Unidos

Macron vence con claridade a Le Pen e repite mandato en Francia por outros cinco anos
24/04/2022 19:18
O actual presidente gaña co 58,8 % dos votos fronte a Marine Le Pen, que lograría o 41,2 %
Le Pen xa recoñeceu a súa derrota, pero logra un resultado histórico para a ultradereita
A abstención, próxima ao 28 %, é a máis elevada desde hai máis de 50 anos

Continúa o confinamento estrito en varias cidades chinesas por mor da covid
24/04/2022 14:50
Residentes españois sofren restricións extremas en Shanghai pola pandemia

24/04/2022 14:42
Os analistas coinciden en que os dous candidatos espertan unha gran división entre os votantes
A chave do Eliseo está en a quen irá o voto dos 7,7 millóns de votantes de Mélenchon

Cúmprense dous meses de guerra con Rusia centrada na ofensiva sobre o Donbás
24/04/2022 14:25
Zelensky reúnese este domingo cos secretarios de Estado e Denfensa do EUA
A ONU pide unha tregua inmediata para evuacuar civís de Mariupol

Blinken visita Kíiv este domingo para reunirse con Zelenski
24/04/2022 10:28
O secretario de Estado dos EUA chega á capital canda o titular de Defensa da administración Biden
Zelenski denuncia campos de concentración rusos e deportacións a Siberia
Rusia ataca Odesa na nova fase da guerra co foco posto no leste e o sur de Ucraína
.png)
Macron gañaría as eleccións en Francia cun 55 % dos votos, conforme ás primeiras sondaxes
24/04/2022 09:00
A participación nas presidenciais francesas cae ao 63,23 % ás 17:00, a menor desde 1969 e dous putos menos que hai quince días
A abstención situouse no 28 %, un 2,5 % máis ca en 2017

O europeísmo de Macron perfílase como vencedor fronte ao euroesceptismo de Le Pen
23/04/2022 21:06
Macron ten unha vantaxe nas enquisas de entre 11 e 15 puntos sobre Marine Le Pen
Os dous candidatos tentaron seducir os votantes de Mélenchon ata o último momento

Máis de 100 mortos por unha explosión nunha refinería ilegal en Nixeria
23/04/2022 21:00
O estoupido deixa máis de 100 falecidos e 150 feridos
O goberno rexional declarou en busca e captura o propietario da infraestrutura