Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OMS informa da primeira morte pola nova hepatite aguda infantil

A OMS informa da primeira morte pola nova hepatite aguda infantil

A autoridade sanitaria mundial confirma 169 casos en 11 países, a maioría no Reino Unido

A OMS informa de de que 17 dos nenos afectados pola nova hepatite aguda precisaron transplante de fígado
G24.gal 25/04/2022 08:31

A Organización Mundial da Saúde informa do primeiro falecemento como consecuencia da hepatite infantil aguda de orixe descoñecida. Ademais, confirma 169 casos en 11 países, a maioría deles de Europa, onde O Reino Unido é o que máis afectados detectou, 114, seguido de España, con 13 casos, dous deles en Galicia. Segundo o informe da OMS, 17 dos nenos afectados precisaron transplante de fígado.

España é o segundo país con máis casos de hepatite infantil de orixe descoñecida, pero aínda así os pediatras seguen a pedir tranquilidade á poboación e insisten en que polo momento non se están a adoptar medidas especiais. O xefe de pediatría do CHUS, Federico Martinón, di que chegar á causa exacta da doenza aínda pode levar o seu tempo e cando sexa transmitirase á poboación para adoptar algún tipo de medidas para reducir o risco ou actuar máis rápido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade