Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soben a 190 os casos da nova hepatite infantil en doce países

Soben a 190 os casos da nova hepatite infantil en doce países

A maior incidencia é no Reino Unido 

En España detectáronse 13 casos, dous deles en Galicia

Os especialistas consideran que non é unha incidencia alarmante, aínda que resaltan o nivel de gravidade que acada nun 10 % dos casos 

G24.gal 26/04/2022 14:48

O distanciamento social e a barreira das máscaras frearon a circulación dos virus. A contrapartida disto é que o sistema inmunitario, en especial o dos nenos, non foi adaptando progresivamente as súas defensas contra eses axentes patóxenos. Isto podería explicar por que algúns do casos de hepatite infantil están resultando tan agresivos.

Pero polo momento isto non é máis ca unha das hipóteses que baralla a Organización Mundial da Saúde. Outro posible detonante podería ser a combinación de máis dunha infección ao mesmo tempo, por exemplo un adenovirus cun coronavirus coma o da Covid19, di o pediatra Quique Bassats.

"De momento, todo é especulativo porque non sabemos realmente que é o que está causando todos estes casos de hepatite"

Segundo os datos da OMS, hai rexistrados 169 casos en todo o mundo, o 70 % deles no Reino Unido, que foi quen deu a alerta sanitaria. Pero os profesionais insisten en que é unha chamada de atención para intensificar o diagnóstico e o seguimento, e non algo que deba alarmar a poboación, segundo Bassets. 

"O número de casos que se documentou desde comezos de xaneiro ata agora é relativamente pequeno e, a nivel da sociedade en xeral, non debemos preocuparnos en exceso"

Sobre o que si alertan os sanitarios é sobre as informacións falsas, como que a nova hepatite pode ter que ver coa vacina da covid-19. Aseguran que iso é imposible, porque a gran maioría dos nenos afectados non chegan á idade mínima en que recibirían esa vacina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade