Publicador de contidos

Publicador de contidos

Blinken visita Kíiv este domingo para reunirse con Zelenski

Blinken visita Kíiv este domingo para reunirse con Zelenski

O secretario de Estado dos EUA chega á capital canda o titular de Defensa da administración Biden

Zelenski denuncia campos de concentración rusos e deportacións a Siberia

Rusia ataca Odesa na nova fase da guerra co foco posto no leste e o sur de Ucraína

G24.gal 24/04/2022 10:28

O secretario de Estado de EUA e o titular de Defensa, Lloyd Austin, debaterán co presidente ucraíno que tipo de axuda militar precisa. Kíiv acusa a Rusia de despregar lanzadeiras de mísiles balísticos nas proximidades da fronteira.

Zelenski agarda obter no encontro un compromiso para que os Estados Unidos envíen armamento pesado a Ucraína, unha subministración que considera "vital". A próxima semana tamén está previsto o desprazamento a Kíiv do secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres, que antes viaxará a Turquía, e despois a Moscova, onde se citará con Putin.

Zelenski prometeu este domingo, en que se celebra a Pascua ortodoxa, que ningunha "maldade" destruirá o país.

Malia os chamamentos para unha tregua con ocasión da festividade ortodoxa, a ofensiva rusa, que entra no terceiro mes, continúa especialmente centrada no sur e no leste do país.

As forzas armadas ucraínas acusan a Moscova de despregar  lanzadeiras Iskaner-M, preparadas para disparar mísiles balísticos de curto alcance, a uns 60 quilómetros da fronteira, na rexión rusa de Belgorod.

Rusia asegura que destruíu un arsenal de armas estranxeiras en Odesa, nun ataque en que Ucraína denuncia que matou oito civís, entre eles un bebé.

E chegan noticias inquietantes de Mariupol que, conforme os datos, faría pequena a matanza de Bucha, onde houbo execucións sumarias de civís, torturas, violacións e todo tipo de desmáns por parte dos militares rusos.

Fotos de satélite da cidade portuaria, tras a súa caída en mans de Rusia, indican a existencia de foxas comúns cun número aínda indeterminado de cadáveres civís, vítimas dos bombardeos ou executados polo Exército ruso.,

Mentres Rusia concentra todas as forzas no Donbás, onde pretende conquistar a parte que aínda está en poder de Ucraína das dúas provincias declaradas repúblicas independentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade