Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guterres pide en Moscova un inmediato cesamento das hostilidades en Ucraína

Guterres pide en Moscova un inmediato cesamento das hostilidades en Ucraína

O encontro entre o secretario xeral da ONU chega despois de que Lavrov advertira de que existe perigo real dunha terceira guerra mundial

O secretario xeral da ONU reuniuse co ministro ruso de Exteriores, antes de entrevistarse con Putin
G24.gal 26/04/2022 14:01

O secretario xeral da ONU, o portugués António Guterres, chegou esta mañá a Moscova, segunda etapa da súa xira de mediación que comezou en Ankara e rematará o xoves en Kíiv.

Antes de entrevistarse co presidente Putín, Guterres reuniuse co ministro ruso de exteriores, Sergei Lavrov, ao que lle solicitou que se estableza o máis pronto posible un cesamento das hostilidades en Ucraína.

O encontro prodúcese despois de que Lavrov advertira de que existe perigo real dunha terceira guerra mundial.

A intensa actividade diplomática na capital rusa coincidía co inicio na base aérea de Ramstein, en Alemaña, da reunión dos aliados para tratar o envío de subministracións e equipo militar a Kíiv. Están presentes máis de 40 países da OTAN e da Unión Europea.

Sobre o terreo, o exército ruso intenta avanzar en Donbás e fai un intenso uso da artillería para debilitar as posicións ucraínas ao longo de toda a fronte. O mesmo ocorre na veciña rexión de Khárkiv, onde os rusos disparan mísiles balísticos tipo Tochka.

"Aquí a liña da fronte non é como en Donbás, que segue un río ou unha estrada. Aquí esta aldea é nosa, a seguinte non. É como unha partida de xadrez", explica Irina Rybakova, oficial de prensa da 93 Brigada ucraína despregada no sur de Khárkiv.

A posibilidade de que a ofensiva rusa se estenda de Ucraína a Moldova aumenta despois das explosións rexistradas na rexión separatista de Transnistria, que destruíron dúas antenas de radio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade