Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia avanza aos poucos, e preocupa a ameaza nuclear a outros países do leste

Rusia avanza aos poucos, e preocupa a ameaza nuclear a outros países do leste

Moscova asegura que ten o control completo da rexión de Khersón, ao sur do país

As autoridades ucraínas denuncian que un mísil ruso bateu nunha ponte que une Odessa con Romanía

G24.gal 27/04/2022 08:23

En territorio ruso activaron as defensas antiaéreas por este ataque a un depósito de armas en Belgorod, moi preto da fronteira con Ucraína. Aquí estarán en alerta ata o dez de maio, pídenlles aos cidadáns que leven sempre os seus documentos enriba e que non asistan a reunións masivas. 

Esta provincia é lindeira con Sumi, Khárkhiv e Luhanks, que sufrion intensos ataques das topas do Kremlin nas últimas horas. De feito, no leste, tanto en Luhanks como en Donetsk, as forzas rusas conseguiron pequenos avances. Moscova asegura que ten o control completo da rexión de Khersón, ao sur do país.

Por segundo día houbo incidentes en Moldova. As explosión rexistradas en Transnistria poñen o foco no pequeno territorio autodenominado república moldova. Esta rexión está controlada por separatistas apoiados por Rusia. 

A presidenta acusa forzas internas de Transnistria de quereren unha guerra e desestabilizaren a situación. As autoridades ucraínas denuncian que un mísil ruso bateu nunha ponte que une Odessa con Romanía. Zelenski acusa a Rusia de querer desmembrar o centro e o leste de Europa e de poñer o mundo á beira do desastre ao ocupar Chernóbil durante cinco semanas.

A outra escalada que se teme do conflito, a nuclear, estivo moi presente nos actos do 36 aniversario da maior catástrofe da historia deste tipo de enerxía. 

Na base militar norteamericana de Rammstein, en Alemaña, reuníronse representantes de máis de 40 países. "Estamos aquí para axudar a Ucraína na súa loita contra a inxusta invasión rusa e para construír as defensas ucraínas de cara aos retos do futuro", dixo o secretario de defensa dos Estados Unidos. 

Putin discrepa radicalmente coa ONU na valoración dos feitos, segundo se conclúe do seu encontro con Guterres. O presidente ruso asegura que están negociando con Ucraína e defendeu a independencia de Donbás. Recoñeceu que a situación de Mariupol é tráxica. O secretario xeral da ONU insistiulle na necesidade de establecer corredores humanitarios para evacuar civís de lugares como a siderúrxica Azovstal, que, segundo Putin, está completamente illada. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade