Borrell afirma que Europa foi moi lonxe na dependencia do gas ruso e debe reducila
Borrell responde á decisión do Goberno de Putin de cortar a subministración a Polonia e a Bulgaria pola negativa a pagaren en rublos
O alto comisionado da Unión Europea para Asuntos Exteriores Josep Borrell dixo que a dependencia de Europa do gas ruso foi demasiado lonxe e debe reducirse.
Borrell respondía así desde a súa visita oficial en Santiago de Chile á decisión do Goberno de Putin de cortar a subministración de gas a Polonia e Bulgaria pola negativa a pagaren en rublos:
"A nosa dependencia do gas e do petróleo ruso foi, sen dúbida, demasiado lonxe e con Ucraína ou sen Ucraína era tempo de reducila. A guerra ensinounos o urxente que era, e esta última decisión de Rusia, como lle digo, non fará máis que acelerar que Europa se reconverta a enerxías verdes que non creen dependencias e que non atenten contra o clima. Como dicimos no vello castelán, «no hay mal que por bien no venga»".