Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medo a que rompa a cadea de subministracións polo xigantesco atasco en Shanghai

Medo a que rompa a cadea de subministracións polo xigantesco atasco en Shanghai

Din os expertos que pode ser moito peor que a crise do canal de Suez

Miles de colectores de mercadorías amoréanse nas explanadas Miles de colectores de mercadorías amoréanse nas explanadas
G24.gal 26/04/2022 08:16

O confinamento de Shanghai pon en risco o comercio mundial. No porto, cincocentos barcos agardan para descargar mercadoría. E témese que, de seguir así, romopa a cadea mundial de subministracións.

Isto pode ter un efecto dominó inmediato nos prezos. Din os expertos que pode ser moito peor que a crise do canal de Suez. Shanghai é o porto de maior actividade do mundo. O ano pasado xestionou 47 millóns de contedores. 

En Pequín, o medo é outro. Hai un autentico pánico ao desabastecemento. Os cidadáns baleiran os supermercados da capital por medo a un confinamento, despois de que as autoridades alertasen de cadeas de transmisións ocultas con varios gromos durante a última semana.

O distrito máis poboado da cidade, o de Chaoyang, con case 4 millóns de habitantes, xa esixe tres probas covid semanais e hai temor a que se repita o sucedido en Shanghai durante as últimas semanas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade