Publicador de contidos

Publicador de contidos

Douscentos cincuenta interinos acusan de prevaricación a cinco xuíces do TS por negarlles a fixeza

Douscentos cincuenta interinos acusan de prevaricación a cinco xuíces do TS por negarlles a fixeza

Acusan aos maxistrados de incumpriren a sentenza do TXUE que ordena converter en indefinidos traballadores con contratos temporais abusivos: "Fan o seu propio camiño"

Os xuíces do Supremo alegan que o ordenamento xurídico español non permite facer fixos traballadores sen que se sometan a procesos selectivos previstos pola lei

G24.gal 17/07/2025 10:44

Uns 250 interinos presentaron unha querela por prevaricación contra cinco maxistrados do Tribunal Supremo por pronunciarse sobre a interinidade desatendendo o que estableceu o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE).

A querela, datada o pasado mes de xuño, diríxese contra cinco maxistrados da Sección 4.ª da Sala do Contencioso Administrativo asinantes de senllas sentenzas sobre a posibilidade de que os interinos se convertan en fixos sen pasar por un proceso selectivo.

A comezos deste ano, a sala do contencioso reiterou que o ordenamento xurídico español non permite converter en funcionario fixo ou equiparable a quen recibiu nomeamentos temporais abusivos sen que medien os procesos selectivos previstos pola lei.

Na súa exposición de argumentos, a sala aseguraba que o seu criterio non se opón á directiva europea aplicable nin á sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) de xuño de 2024.

O TXUE avalou entón converter os interinos en traballadores con contrato indefinido como medida sancionadora fronte ao abuso de contratos temporais coa condición de que non implique unha interpretación do dereito nacional contraria á lei.

Os 250 interinos que presentaron a querela sinalan que estes cinco xuíces, cun afán voluntarista, persoal e alleo a Dereito e en contra do que manda a directiva europea aplicable e o que establece o TXUE, fan o seu propio camiño en contra do que lles resulta esixible. Ao seu xuízo,  todo iso configura o tipo da prevaricación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade