Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reclaman a reposición dunha marquesiña retirada hai meses na parroquia luguesa de Castelo

Reclaman a reposición dunha marquesiña retirada hai meses na parroquia luguesa de Castelo

Os usuarios denuncian que noutras paradas do barrio, menos usadas, as cubertas si que foron renovadas pola Xunta, titular da estrada

A veciñanza de Castelo colocou unha carpa para a protesta que levou a cabo
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira e David Barreiro. 17/07/2025 12:25

Os residentes na parroquia de Castelo, en Lugo, colocaron unha carpa nunha parada de bus para protestar pola carencia dunha marquesiña. A cuberta sufrira graves danos en xaneiro por mor da borrasca Herminia. Daquela pediron que se retirase debido ao perigo que entrañaba, e dende abril non teñen protección ningunha fronte ás inclemencias meteorolóxicas.

O resto das marquesiñas de Castelo foron renovadas pola administración autonómica, que é titular da estrada, pero non a que os usuarios do transporte urbano sinalan como parada principal do barrio.

Unha das novas marquesiñas Unha das novas marquesiñas

Reclaman, por tanto, que se instale canto antes unha nova cuberta para se goreceren mentres agardan polo bus.

A mesma parada que carece de marquesiña é tamén a que usan os escolares deste barrio lugués para coller o bus baixo a chuvia ou a pleno sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade