Cargando resultados...
Afectadas 20.000 persoas e 12.500 hectáreas polos asolagamentos en Venezuela
Varias vilas no sur do lago de Maracaibo quedaron baixo as augas

G24.gal
28/04/2022 08:13
As inundacións en Venezuela afectan máis de 20.000 persoas. Están repartidas en cinco estados do occidente do país, ademais de Caracas, nunha rexión agropecuaria afectada pola destrución das colleitas e casas asolagadas.
Varias vilas no sur do lago de Maracaibo quedaron baixo as augas ao rebentaren os diques nas marxes dos ríos que atravesan esta zona. As choivas, que aumentan desde o sábado, afectaron xa a máis de 12.500 hectáreas, segundo as autoridades. Non hai falecidos ou desaparecidos.